Eu non o acabo de ver. Os dous tipos de notificacións son notificacións do cliente ao servidor, a única diferencia é quen toma a iniciativa para que se produza a entrega, se o servidor (push) ou o cliente (pull). Polo tanto as dúas serían «notificacións do servidor», e ningunha delas sería realmente unha «notificación do cliente».
O concepto da Wikipedia en catalán¹, «de transmisión automática» para «push», que podería contrastarse con «de transmisión manual» para «pull», gústame máis. Pero igual é longo de máis. E tamén ten os seus problemas, xa que no que respecta ao usuario final, normalmente todo é automático (nas pull, o cliente normalmente consulta as notificacións automaticamente cada certo tempo). «Notificacións transmitidas por iniciativa do servidor» e «notificacións transmitidas por iniciativa do cliente» son longas de máis. Igual habería que considerar traducir o concepto literal de push e pull para isto. Como estades a traducir o «push» e «pull» de Git, que conceptualmente é bastante similar (só que en vez de cliente-servidor son realmente entre iguais)? «Notificacións levadas» (que o servidor leva ao cliente) e «notificacións traídas» (que o cliente trae do servidor) acáeme mellor. Quizáis «de levar» e «de traer» sería menos propenso a confusión, pero dáme a sensación de que soan peor. Ou quizáis poidamos pensar noutra parella de palabras, pero sen entrar en palabras que sexan susceptibles de confusión en contextos próximos (p. ex. descargar, enviar, solicitar). Pensei en turrar/tirar, pero «turrar» non o escoitara antes e «tirar» ten connotacións negativas; gustábame «puxar», pero parece que pode significar ambas as dúas cousas. — ¹ https://ca.wikipedia.org/wiki/Tecnologia_de_tramesa_autom%C3%A0tica On 2020-08-06 12:37, Miguel Bouzada wrote: > Non me desgusta nada a opción: > > push notificaion → notificación do servidor > > pull notification → notificación do cliente > > IMHO que sexa do... no canto de ao... é máis claro e directo, aínda que > pode que nalgún contexto acaia o outro par > > O mér., 5 de ago. de 2020 ás 20:13, pd (<eukel...@gmail.com>) escribiu: > > unha traducción simple baseada no significado do concepto sería > "notificación ao cliente" (ou "notificación do servidor") para as > notificacións push e "notificación ao servidor" (ou "notificación do > cliente") para as notificacións pull > > Isto asume implícitamente unha arquitectura cliente/servidor non > necesariamente presente no termo inglés, pero na práctica estase a > asumir implicitamente esta arquitectura no uso habitual do termo > > On Tue, Aug 4, 2020 at 10:55 AM Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com> > wrote: > > Cada vez atopo máis a presenza de «push notification» e non temos unha > tradución para iso, ata o de agora limitabame a traducilo por > «notificación "push», pero creo que chegou a hora de buscar anha mellor > solución. > Buscando explicación de que é e como funciona este tipo de notificación > atopei: > https://www.qode.pro/blog/que-son-las-notificaciones-push/ > ou no blog do choio de Fran (se é que non cambiou) > https://blog.opennemas.es/articulo/articulos/notifications-push-que-son-como-funcionan/20190401130348002240.html > > A alguén se lle ocorre algún xeito de tradución? > > -- > > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» > http://galpon.org > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > proxecto@trasno.gal > - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto > Trasno > - Cancelar a subscrición no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7010&h=69c9bba81034c85566b197833dc1f1ef9604ad96&sa=762977290 > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > proxecto@trasno.gal > - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto > Trasno > - Cancelar a subscrición no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7023&h=484a7f53fdeef2a3a20da2c5cee7aa8c0617c5c7&sa=115412029 -- Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL: http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7024&h=517e2b5c1c134af64ec34510b6d04716fded4dd1&sa=281549831 - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7038&h=da350884fc6f0bd4624b9f4e1d91859186a71bfe&sa=1082953491