Por min tamén de acordo.
On 03/02/17 13:31, Felipe Gil Castiñeira wrote:
Boas Iñaki!
Perdoa, non vin o teu correo antes (filtroumo o cliente de correo). Pois
diría que es o novo responsable do "Galician LoCo Team" :).
Habería que actualizar a información do LoCo:
http://loco.ubuntu.com/teams/ubuntuengalego/,
https://launchpad.net/%7Eubuntuengalego e
https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam. É probable que podas editar ti a
información directamente (non son consciente da existencia dun mecanismo de
permisos, pero se tés calquera problema avísame).
Un saúdo
Felipe
2017-01-13 15:29 GMT+01:00 Iñaki Quenerapú <quener...@gmail.com>:
E logo, que?
:-) Iñaki Quenerapú
El 10 nov. 2016 12:33 p. m., "Felipe Gil-Castiñeira" <felipe...@gmail.com>
escribió:
Boas!
Hai xa moito tempo que non escribo por aquí, en gran medida porque o
traballo me tivo moi absorbido e non lle puiden adicar tempo ás traducións
ou a Ubuntu en xeral.
Tamén, aínda que este correo é sobre o Galician LoCo Team, considerei
oportuno envialo á lista de tradución de Ubuntu ao galego, xa que é onde
hai actividade e onde está a xente que pode estar interesada.
Indo ao gran, o asunto é que existe o "Galician LoCo Team" pero está sen
actividade. Hai xa uns meses púxose en contacto comigo Iñaki Quenerapú (en
copia) xa que estaba organizando o evento LibreTeo. Tras dunha pequena
conversa por correo, Iñaki expresou o seu interese en dinamizar o LoCo para
a divulgación e promoción do uso de Ubuntu en Galicia.
Paréceme unha gran oportunidade para darlle un pulo ao grupo, así que se
ninguén ve algún inconveniente, el pódese encargar a partir de agora do
LoCo.
Se houbese algunha outra persoa interesada en liderar o LoCo, por favor,
respondede á lista ou a min directamente, e vemos como organizarnos.
Unha aperta!
Felipe
--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl