Boas!
Hai xa moito tempo que non escribo por aquí, en gran medida porque o
traballo me tivo moi absorbido e non lle puiden adicar tempo ás
traducións ou a Ubuntu en xeral.
Tamén, aínda que este correo é sobre o Galician LoCo Team, considerei
oportuno envialo á lista de tradución de Ubuntu ao galego, xa que é onde
hai actividade e onde está a xente que pode estar interesada.
Indo ao gran, o asunto é que existe o "Galician LoCo Team" pero está sen
actividade. Hai xa uns meses púxose en contacto comigo Iñaki Quenerapú
(en copia) xa que estaba organizando o evento LibreTeo. Tras dunha
pequena conversa por correo, Iñaki expresou o seu interese en dinamizar
o LoCo para a divulgación e promoción do uso de Ubuntu en Galicia.
Paréceme unha gran oportunidade para darlle un pulo ao grupo, así que se
ninguén ve algún inconveniente, el pódese encargar a partir de agora do
LoCo.
Se houbese algunha outra persoa interesada en liderar o LoCo, por favor,
respondede á lista ou a min directamente, e vemos como organizarnos.
Unha aperta!
Felipe
--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl