Eu estou por aquí agora mesmo como ouvinte xa que non dispoño de tempo para adicarme a traducir. Como comentaron outros fago o que poido na parte de publicidade e reporto erros cando os atopo.
Saúdos Mar Castro 2011/4/23 Miguel Bouzada <[email protected]> > gustaríame saber cantos estamos ao tanto do proceso de tradución, á marxe > de > que a xente anove súa subscrición de xeito sistemático. Polo que > solicítovos que reenviedes este correo cun +1 a xeito de compromiso. > > Comprobo que hai xente que anova a súa subscrición ao grupo cando hai máis > de dous e tres anos que no aportan nin unha soa liña nova. > > É moi importante que nos apoiedes, mais se non traducides (non todos temos > o mesmo tempo que hai un ou dous ou tres anos) sería bo que souberamos > canta > xente segue a traducir máis aló de que se anove ou non a súa subscrición. > > -- > /\ Dia da liberdade dos documentos - Libera os teus documentos > _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011 > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
