Boas En 2010/10/27 12:11, Anton Meixome escribiu: > 2010/10/27 damufo<[email protected]>: >> >> >> En 2010/10/27 10:16, Fran Dieguez escribiu: >>> Cambio ningún, hoxe en día Unity está traducido ao galego e é Software >>> Libre. >>> >>> Que cambien a Unity non supón máis que cambiar un aplicativo de GNOME >>> (GNOME Shell), o resto de aplicativos forman parte de GNOME. >>> >>> A min este cambio de paradigma nas interfaces de usuario non me convence >>> nada, ademais de ser moi moi arriscado. Conste que non me sinto cómodo >>> tanto co cambio de paradigma de Unity como co de GNOME Shell. >>> >>> Cicais o que poida supoñer a killer feature sexa a integración total con >>> Zeitgeist tanto de Unity como de GNOME Shell. >>> >>> Veremos como avanzan os acontecementos e como nos adaptamos a este >>> cambio tan grande no noso escritorio. Quero entender que en 2 anos >>> estaremos preguntándonos como puidemos traballar na interface que temos >>> hoxe en día... >>> >>> Saúdos >> >> E isto cando está a piques de saír o Gnome 3.0!! >> Non entendo esta decisión. >> En fin... >> > > Máis que o feito en si, a min o que me preocupa é que esteamos > expostos a decisións estratéxicas nas que non temos peso ningún. Non > falo de usuarios, falo da comunidade de tradutores de Ubuntu (xa sei > que permanece a opción de elixir escritorio para o usuario). Por > exemplo iso chafa iniciativas como o desenvolvemento de manuais de > instalación, ou a solidez dun proceso de migración institucional ou de > difusión social, por exemplo. Compensa? > > Poño outro exemplo: Ubuntu cambia OOo.org por Libreoffice sen > preguntar nada, a ninguén, e iso, aínda que nese caso sexa unha > decisión de caixón, ten que ser asumido así, como feito consumado > unilateral. Hai moitas razóns para apoiar ese cambio en Ubuntu... por > que non se informa delas? Por que se actúa polas bravas sen intentar > sequera un convencemento, unha dirección racional? Non me molesta que > Canonical teña a iniciativa pero si me molesta a desconsideración > sobre o traballo voluntario... como se fósemos empregados ou súbditos. > > Sinto que así resulta difícil crer que podemos controlar o esforzo > estratéxico da comunidade galega de priorización dun escritorio, o de > Ubuntu, por ser o máis accesible. O único positivo é que se anuncia > (daquela maneira) con bastante tempo de anticipación. Ao mellor hai > que repensar dirección de traballo. > > Gustaríame ver as vosas ideas neste sentido. > > Antón > Boas:
En xeral concordo. Penso que hai que darlle unha oportunidade a Libreoffice pero vexo prematuro que ubuntu xa o leve na seguinte versión, certo que non é unha LTS aínda así penso que tería que ter esperado máis e falado o tema co voluntariado. Non sei se algunha vez se debateu ou falou o de centrarse ou non nunha distribución. Nin sei se é/sería bo facelo agora. Por outra banda eu separaría mundo empresarial/educación de particulares. Un quere máis estabilidade que outro e polo tanto poida que distribucións distintas, ou non, xa que para iso están as LTS. Sinto non ter ideas. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
