2010/10/27 damufo <[email protected]>: > > > En 2010/10/27 10:16, Fran Dieguez escribiu: >> Cambio ningún, hoxe en día Unity está traducido ao galego e é Software >> Libre. >> >> Que cambien a Unity non supón máis que cambiar un aplicativo de GNOME >> (GNOME Shell), o resto de aplicativos forman parte de GNOME. >> >> A min este cambio de paradigma nas interfaces de usuario non me convence >> nada, ademais de ser moi moi arriscado. Conste que non me sinto cómodo >> tanto co cambio de paradigma de Unity como co de GNOME Shell. >> >> Cicais o que poida supoñer a killer feature sexa a integración total con >> Zeitgeist tanto de Unity como de GNOME Shell. >> >> Veremos como avanzan os acontecementos e como nos adaptamos a este >> cambio tan grande no noso escritorio. Quero entender que en 2 anos >> estaremos preguntándonos como puidemos traballar na interface que temos >> hoxe en día... >> >> Saúdos > > E isto cando está a piques de saír o Gnome 3.0!! > Non entendo esta decisión. > En fin... >
Máis que o feito en si, a min o que me preocupa é que esteamos expostos a decisións estratéxicas nas que non temos peso ningún. Non falo de usuarios, falo da comunidade de tradutores de Ubuntu (xa sei que permanece a opción de elixir escritorio para o usuario). Por exemplo iso chafa iniciativas como o desenvolvemento de manuais de instalación, ou a solidez dun proceso de migración institucional ou de difusión social, por exemplo. Compensa? Poño outro exemplo: Ubuntu cambia OOo.org por Libreoffice sen preguntar nada, a ninguén, e iso, aínda que nese caso sexa unha decisión de caixón, ten que ser asumido así, como feito consumado unilateral. Hai moitas razóns para apoiar ese cambio en Ubuntu... por que non se informa delas? Por que se actúa polas bravas sen intentar sequera un convencemento, unha dirección racional? Non me molesta que Canonical teña a iniciativa pero si me molesta a desconsideración sobre o traballo voluntario... como se fósemos empregados ou súbditos. Sinto que así resulta difícil crer que podemos controlar o esforzo estratéxico da comunidade galega de priorización dun escritorio, o de Ubuntu, por ser o máis accesible. O único positivo é que se anuncia (daquela maneira) con bastante tempo de anticipación. Ao mellor hai que repensar dirección de traballo. Gustaríame ver as vosas ideas neste sentido. Antón > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Leader of openOffice.org GL http://gl.openoffice.org -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
