2010/3/23 Enrique Estévez Fernández <[email protected]> > Ola. > > Estou de cordo nas correccións que suxire Manuel, eu simplemente lendo > as mensaxes a présa que me solta o computador decateime deses posíbeis > erros que comento e saquei a captura da pantalla para arroxar algo de > claridade onde podía estar o erro. > > As melloras que propón Manuel creo que son axeitadas e necesarias. > > Con respecto ao fío no que vin o de soporte por medio non o encontro. > Quen sabe, ao mellor nin sequera existe e eu estou mesturando algunha > outra cousa, pero por se acaso comenteino. > > Bo traballo Miguel, localizando as cadeas para poder corrixilas. Meu, > estás feito un crack, non sei como carallo fas para encontralas. >
Moi sinxelo, nunha instalación de "lucid" (neste caso nunha MV) abro un terminal e fago unha busca coa seguinte orde: $ sudo find /usr/share/locale-langpack/ | xargs grep -l 'Cadea-exacta-a-buscar-sensíbel-a-maiúsculas' Por exemplo: $ sudo find /usr/share/locale-langpack/ | xargs grep -l 'Descargar e instalar a anovación' O que me vai a indicar en que .mo do sistema está esa cadea /usr/share/locale-langpack/gl/LC_MESSAGES/update-manager.mo (Con algunhas cadeas pode aparecer en máis de unha, pero ao facer a busca co erro, poñamos "Aconteceu un erro durante a *instalacón*" case seguro que só nos aprecerá unha, se aparece en máis e que hai máis erros dos agardados) Co que xa só teño que buscar en launchpad "update-manager" e nel buscar "Descargar e instalar a anovación" Corrixir e envorcar a corrección. > Saúdos. > > 2010/3/22 Manuel Souto Pico <[email protected]>: > > Ola! > > > > 2010/3/22 Enrique Estévez Fernández <[email protected]> > > > >> Boas anexo unha serie de erros atopados en Ubuntu. > >> > >> Na captura de pantalla: Corrixir_tradución_f-spot.png, a cadea "Acaba > >> de inserir un soporte con fotos dixitais". Non debería ser soporte, > >> senón medio, se non recordo mal un fío de discusión no que se falaba > >> de que soporte tiña unha serie de acepcións e cando se refería > >> concretamente a soporte dixital, debería ser medio. > >> > > > > Podes dar o asunto dese fío? > > > > Exactamente en que acepción de "medio" en galego (e en que dicionario) > estás > > pensando cando dis iso? > > > > A acepción de "soporte" que parece que se adecúa perfectamente a esa > > tradución é: > > *3****s* *m* *INFORM*** Medio físico que se emprega para gravar > información > > (digalego) > > > > Eu nesa captura vexo outras cousas que habería que corrixir: > > > > *Elixir que aplicativo hai que executar. > Elixe/Elixa que aplicativo hai > > que executar. > > > > Inconsistencia de formalidade: > > > > Acaba de inserir... (2ª persoa formal) vs. Selecciona... (2ª persoa > > informal) > > > > ( acaba & seleccione ) | ( acabas & selecciona ) > > > > > > Na captura de pantalla: ficar_xestor_actualización.png. A cadea "O > >> sistema está a ficar sen batería". Non sei se é correcto de todo a > >> tradución ficar, eu poría quedar, pero vos diredes. > >> > > > > É correctísimo, só tes que consultar calquera dicionario ou o VOLGA para > > comprobalo. Porén, estou de acordo coa suxestión de Leandro (non para > evitar > > o verbo ficar, senón pola construción en si). > > > >> > >> Na captura Posíbel-fallo-Ubuntu-Tweak.png. Creo que a cada que se va > >> na imaxe, xusto onde está o punteiro do rato, "Asegura que as alarmas > >> postas en Evolution se apaquen o momento axeitado". Paréceme ler que > >> pon "apaquen" e debería ser "apaguen", na interpretación que fago eu > >> da mensaxe. > >> > > > > Eu nesa captura vexo outras cousas que habería que corrixir: > > > > Proporciona *notificiacións relacionadas co disco > Proporciona > > notificacións relacionadas co disco > > > > Non se pasou o corrector ortográfico? ;) > > > > Presumíbel inconsistencia (3ª persoa vs. Infinitivo vs. 2ª persoa > formal): > > > > Proporciona... / Asegura... vs. Comprobar... vs. Configure > > > > Supoño que neste caso todos deberían ser 3ª persoa, ou 2ª. > > > > > > > >> Na captura de pantalla software_propertities.png. Esta xanela saíu > >> cando engadín unha fonte de software, cando pechas o aplicativo se hai > >> cambios nos repositorios sae esa xanela. En si non hai fallo pero si > >> unha desviación respecto ao estilo que se está a empregar. Aparece > >> dispoñible e debería aparecer dispoñíbel. > >> > > > >> Na pantalla Upgrade_lucid.png. En si fallo tampouco hai, pero pódedes > >> comprobar que no queda ben o que di. > >> > >> Eliminaranse ... Instalaranse ... Anovaranse ... > >> > >> Ou debería ir en diferentes liñas ou deberían ir en minúsculas e > >> separadas por comas e a última pola conxunción "e". Non sei se pode, > >> pero quedaría mellor como mensaxe informativa para o usuario. > >> > >> > > Eu diría que faltan os puntos a final de frase. > > > > Tamén vexo: > > > > x horas y minutos > x horas *e* y minutos > > x día y horas > x día *e* y horas > > > > e tamén varios espazos duplos antes desas cifras. > > > > Non é moi importante pero expreso a miña dúbida (non teño o orixinal) > sobre: > > > > Para instalar software e actualizacións de fontes engadidas hai pouco ou > > modificadas terá que recargar a información sobre o software dispoñible. > > > > Igual está ben pero pode ser "de fontes engadidas ou modificadas hai > pouco" > > ? > > > > Un saúdo, Manuel > > -- > > Ubuntu-l10n-gl mailing list > > [email protected] > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > > > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
