Quen puider/se Concordo co diagnóstico dos problemas ao 100%. Moito me temo que nos queda de todo innaccesíbel o nivel de organización catalán. Baséase no reparto do traballo e na adxudicación de responsabilidades por paquete... aquí estamso a facer traducións intermitentes e corrección transversal.
Pero opino que non é realista intentar montar algo semellante polos seguintes motivos - o número de tradutores asiduos en Rosetta, e atentos aos períodos e modos de traballo eficaz e coordinado é moi pequeno - o tradutor de Rosetta non "pasa" pola lista e non hai maneira de impedir que faga o traballo que lle dea a gana e lugar do que se necesita. - a determinación das prioridades e a documentación no wiki é tamén un traballo bastante groso, que supoño que hai que facer á man e estar pendente case a diario. - o fluxo de traballo catalán no que se preocupan tanto de tradución en Launchpad como de integración das traducións nos proxectos orixinais, é complexo (eles mesmos o recoñecen). No noso caso só está ao alcance de contadísimos tradutores. - non falemos xa de cantos membros temos con capacidade para relacionarse no ámbito dos desenvolvedores e dos equipos de Ubuntu para o seguimento de erros e incidencias. - Launchpad é a porta de entrada máis accesíbel dos tradutores novatos. Hai que asumilo pero intentar conducilos a traducir nos proxectos base, que é onde realmente se aprende a traducir ben. Podemos facer qué para mellorar? - Podemos tomarnos un pouco máis en serio o tema de pertencer ao GTT (Galician Trasnlation Team) e polo menos os que pasan a ser membros deben ser conscientes e asumir un sistema de traballo organizado - Pódese redactar e poñer nun wiki os aspectos básicos de procedemento - Pódese facer unha lista cos "erros frecuentes" ou que non seguen o estilo escollido ou os usos terminolóxicos preferentes - Pódese crear un subequipo de revisión de traducións (só ese equipo revisaría, dentro do GTT outras traducións) - Pódese crear un subequipo de seguimento de erros e incidencias - Pódese crear a figura do "titor" de novatos A próxima Ubuntu será unha LTS. Creo que paga a pena organizalo con tempo a ver se conseguimos ser máis eficientes coa forza de traballo que hai e que non prevexo que vaia aumentar. 2009/10/25 Miguel Bouzada <[email protected]>: > 2009/10/25 Fran Dieguez <[email protected]> > >> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- >> Hash: SHA1 >> >> Ola a todos, >> >> Agardo Felipe vexa isto e resposte. >> >> Veño de mirar como teñen as distintas comunidades de localización de >> ubuntu organizado o traballo e chego á conclusión de que compre ter un >> modelo semellante ao catalán: >> >> Por un lado o LocoTeam: https://wiki.ubuntu.com/CatalanTeam >> Por outro lado a distribución de traballo toda documentada: >> https://wiki.ubuntu.com/UbuntuCatalanTranslators/Llistat >> >> Ata o de agora estivemos traducindo "ás cegas" e temos que asumir un >> papel máis activo dentro da comunidade global de ubuntu e ordenar un >> pouco o traballo. Sei que non son nin coordinador en Ubuntu nin o tento >> asumir o posto, mais coido que para o ben do grupo debemos coordinarnos >> mellor. >> >> Estes días que tiven de experiencia "pelexándome" con developers e >> membros de outras comunidades servíronme de moita axuda sobre como >> funciona internamente Ubuntu. E en conxunto me está gustando moito o >> nivel de gratitude que teñen coa xente que está disposta a colaborar >> (cousa moi rara vela en soft ceibe, o normal é topar un developer rosmón >> e pouco sociábel). O punto de inflexión foi cando me aceptaron un parche >> que fixen para solucionar un problema no paquete ibus. Levo anos (si! >> anos) tentando que me acepten un parche en Debian e aínda hoxe estou >> esperando. En Ubuntu envieille o parche e en 20 minutos estaba no >> repositorio! >> >> Digo isto porque teño contacto con dpm, traballador de Canonical no >> posto de Ubuntu Translations Coordinator e tamén tradutor ao catalán de >> Gnome e ubuntu e logo indaguei un pouco como teñen montado todo e me >> parece asombroso. >> > > Concordo con Fran en que seria bo artellarnos un pouco mellor, xa que, > ademáis, esto dias que estiben a corrixir (por orde da listaxe) atopeime con > incoherencias/inconsistencias do tipo... > > primeiro tradutor, emprega "fiestra" chega outro e emprega "xanela" > un tradutor emprega "por defecto" outro "por defeito", outro "por omisión" > vai un e emprega "comando" e o seguinte "orde" > e iso todo dentro do mesmo aplicativo, o que me leva a pensar que se debería > tomar como norma: > a) analisase o traballo feito e se emprega o mesmo > b) analisase o documento e se unifica todo coa nosa escolla > eu o que fixen a hora de corrixir e ver cal era o termo máis usado en cada > aplicativo e unificar todo dentro del > > e así algunha cousa máis que sería bo que puideramos falalo, ven nunha > xuntanza virtual ou nunha xuntanza cerveceira :) > > >> Saúdos >> >> - -- >> Fran Diéguez >> http://www.mabishu.com - [email protected] >> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 >> >> >> -----BEGIN PGP SIGNATURE----- >> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) >> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org >> >> iEYEARECAAYFAkrkbJ0ACgkQmLtmJqKk+bg4wwCcCwdAqgjGsK5J78cWC6ShpHFI >> DswAoIzI5kAJTp58gU5CIW+D5z6/kXuB >> =JYpj >> -----END PGP SIGNATURE----- >> >> -- >> Ubuntu-l10n-gl mailing list >> [email protected] >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >> > > > > -- > Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, > .ppt, .pptx > > Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO > (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/ > > Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala > [email protected] > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
