-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- Hash: SHA1 Ola a todos,
Agardo Felipe vexa isto e resposte. Veño de mirar como teñen as distintas comunidades de localización de ubuntu organizado o traballo e chego á conclusión de que compre ter un modelo semellante ao catalán: Por un lado o LocoTeam: https://wiki.ubuntu.com/CatalanTeam Por outro lado a distribución de traballo toda documentada: https://wiki.ubuntu.com/UbuntuCatalanTranslators/Llistat Ata o de agora estivemos traducindo "ás cegas" e temos que asumir un papel máis activo dentro da comunidade global de ubuntu e ordenar un pouco o traballo. Sei que non son nin coordinador en Ubuntu nin o tento asumir o posto, mais coido que para o ben do grupo debemos coordinarnos mellor. Estes días que tiven de experiencia "pelexándome" con developers e membros de outras comunidades servíronme de moita axuda sobre como funciona internamente Ubuntu. E en conxunto me está gustando moito o nivel de gratitude que teñen coa xente que está disposta a colaborar (cousa moi rara vela en soft ceibe, o normal é topar un developer rosmón e pouco sociábel). O punto de inflexión foi cando me aceptaron un parche que fixen para solucionar un problema no paquete ibus. Levo anos (si! anos) tentando que me acepten un parche en Debian e aínda hoxe estou esperando. En Ubuntu envieille o parche e en 20 minutos estaba no repositorio! Digo isto porque teño contacto con dpm, traballador de Canonical no posto de Ubuntu Translations Coordinator e tamén tradutor ao catalán de Gnome e ubuntu e logo indaguei un pouco como teñen montado todo e me parece asombroso. Saúdos - -- Fran Diéguez http://www.mabishu.com - [email protected] GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 -----BEGIN PGP SIGNATURE----- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org iEYEARECAAYFAkrkbJ0ACgkQmLtmJqKk+bg4wwCcCwdAqgjGsK5J78cWC6ShpHFI DswAoIzI5kAJTp58gU5CIW+D5z6/kXuB =JYpj -----END PGP SIGNATURE----- -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
