Ola Julio! Pola miña parte té-lo voto positivo para ingresar no grupo :-). Non te ofendas polas revisións: recentemente tivemos algún problemiña con algún tradutor novo, e agora miramos con máis detalle aos candidatos a entrar no grupo.
Respondo ao resto do teu correo polo medio... Julio Pedreira Paz wrote: > Ola a todos, > > Que saibades que eu rematei o COU no 97. Sobre o guión... era normativo > antes do 2003, tereino en conta en futuras traducións. Tamén as convencións > (¿onde podo ve-las?). > Ata agora seguíamos as convencións de Trasno, pero recentemente apareceu o "Manual de localización" de Mancomún [1][2], que deberíamos seguir. [1] https://forxa.mancomun.org/frs/?group_id=207 [2] http://beta.mancomun.org/comunidade/traducion/manualdelocalizacion/ > Sobre as correccións en concreto, recoñezo que nunha das frases puxen > "error" (en tódalas demais puxen "erro"); tamén puxen icono, pero enseguida > engadín outra suxerencia corrixida, e tamén é certo que esquecín poñer "a" > diante de seguridade. > > > Non comprendo por que corrixes "non se puido engadir a conexión "por Non se > puido *engadila*...". Se é nunha frase negativa, ¿non é correcto? > > Unha vez dito isto, podo aceptar correccións que non sexan normativas hoxe > ou sobre as que haxa convenio pero sobre as preferencias persoais de cada > quen... (p.ex. "posíbel"...) > > Mirade, xa traducín unhas 70 frases. Decídeme se queredes que continúe no > proxecto ou dedique os esforzos a outros proxectos da comunidade Ubuntu onde > poida ser máis útil. > A túa axuda será moi ben recibida! > > Moitas gracias e un saúdo. > > > PD: ¿Non se pode por a lista na codificación correcta para que non se > cambien os acentos e eñes por signos de interrogación? > Por curiosidade, ¿que cliente usas? (leo estes correos desde un par de ordenadores con distintos clientes, e non teño problemas de codificación con ningún). Un saúdo! Felipe. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
