>> *Política de acceso*
>>
>> Temía que o que acaba de pasar coas traducirás do KDE fose cuestión
>> de tempo debido ao funcionamento todo/nada de Launchpad. Ata agora a
>> política do grupo foi realmente simple:
>>
>> * Solicitude de alta: Pido que o candidato/a faga unhas cantas
>> "suxestións". Se estas son correctas dou de alta o novo usuario/a
>> * Renovación: Tense que pedir explícitamente. Fago unha
>> revisión das traducións e se non hai cousas estrañas, aprobo a
>> renovación.
>>
>> No grupo de tradución ao español teñen un sistema de votacións: os
>> novos candidatos teñen que facer unha boa cantidade de traducións,
>> presentar a candidatura para entrar e logo precísase unha certa
>> porcentaxe de votos positivos para ser aceptado.
>>
>> Podemos aplicar un sistema parecido, pero é preciso que todo o mundo
>> se comprometa a avaliar os novos candidatos. ¿Que opinades?
>>
>> *Revisión
>> *
>>
>> Non existe un sistema de revisión como tal. Podemos crear un grupo
>> cos máis experimentados que realicen revisións e cando detecten
>> algún erro o comenten na lista cun obxectivo dobre: a) corrixir os
>> erros b) ir formando aos máis novos (non só en "idioma", senón en
>> estilo, etc.)
>>
>> O problema con isto é que somos poucos e que Launchpad non
>> implementa un sistema para levar o control das revisións. Se hai
>> voluntarios para formar o corpo dos revisores, pódome encargar de
>> montar a infrastrutura para que o traballo sexa o máis eficiente
>> posible.
>>
>> Agardo as vosas respostas
>
> Aínda que non son o máis indicado, xa que hai na lista xente con máis
> "preparación" e experiencia, ofrezome para formar parte dese "corpo" ou polo
> menos, para facer un primeiro desbroce.
Estou de acordo en que seria aconsellable ter ese metodo, pero esixe
mais esforzo pola nosa parte. Por outra banda, como ben sabedes eu
estou aqui por estar, hai bastante tempo que non fago nada.
Ata logo,
Leandro Regueiro
--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl