Aínda que non son o máis indicado, xa que hai na lista xente con máis
"preparación" e experiencia, ofrezome para formar parte dese "corpo" ou polo
menos, para facer un primeiro desbroce.

MB

2009/3/14 Felipe Gil Castiñeira <[email protected]>

> *Política de acceso*
>
>    Temía que o que acaba de pasar coas traducirás do KDE fose cuestión
>    de tempo debido ao funcionamento todo/nada de Launchpad. Ata agora a
>    política do grupo foi realmente simple:
>
>        * Solicitude de alta: Pido que o candidato/a faga unhas cantas
>          "suxestións". Se estas son correctas dou de alta o novo usuario/a
>        * Renovación:  Tense que pedir explícitamente. Fago unha
>          revisión das traducións e se non hai cousas estrañas, aprobo a
>          renovación.
>
>    No grupo de tradución ao español teñen un sistema de votacións: os
>    novos candidatos teñen que facer unha boa cantidade de traducións,
>    presentar a candidatura para entrar e logo precísase unha certa
>    porcentaxe de votos positivos para ser aceptado.
>
>    Podemos aplicar un sistema parecido, pero é preciso que todo o mundo
>    se comprometa a avaliar os novos candidatos. ¿Que opinades?
>
> *Revisión
> *
>
>    Non existe un sistema de revisión como tal. Podemos crear un grupo
>    cos máis experimentados que realicen revisións e cando detecten
>    algún erro o comenten na lista cun obxectivo dobre: a) corrixir os
>    erros b) ir formando aos máis novos (non só en "idioma", senón en
>    estilo, etc.)
>
>    O problema con isto é que somos poucos e que Launchpad non
>    implementa un sistema para levar o control das revisións. Se hai
>    voluntarios para formar o corpo dos revisores, pódome encargar de
>    montar a infrastrutura para que o traballo sexa o máis eficiente
>    posible.
>
> Agardo as vosas respostas
>
> Un saúdo!
>     Felipe.
>
>
>
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> [email protected]
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Instale OpenOffice dende
http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,368/Itemid,113/...,
é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes de
oficina, e está en continuo desenvolvemento."
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a