A min paréceme moi útil e estou de acordo que se queremos que a xente contribúa unha rolda de correo non é unha ferramenta amigábel. Un foro web é moito máis visíbel e amigábel porque te rexistras con calquera correo.
A única pega é que precisa duns recursos económicos para mantelos. Agora mesmo montámolo nunha máquina virtual de 2Gb en DigitalOcean que custa 10 euros ao mes. Eu podo contribuír pagando a antiga cota anual de Trasno pero temos que ser máis. Tamén pensei en sufragalo mediante doazóns mediante Patreon ou algo así. Como Trasno está dado de alta como asociación pode recibir estas doazóns. Ou tamén se pode pedir axuda a algunha empresa tecnolóxica, hola AGASOL, sexa para sufragar o servidor ou para que cedan un servidor. Asi que eu son partidario de mover isto a un foro estilo Discord... moitas comunidades open source usan discourse. Saúdos O Mar, Feb 23, 2021 at 20:00, Antón Méixome <[email protected]> escribiu: > https://foro.trasno.gal <https://foro.trasno.gal/> > > Realmente necesitamos algo así algo para unir e reordenar o fluxo de > comunicación. > > Pídovos formalmente que o valoredes > > Pola miña experiencia, no web de Trasno cóstavos moito achegar > contido ou participar. O wiki aínda peor. En Telegram, que é un > chat, así que cruzas unhas cantas conversas e queres achegar info > acaba sendo un caos. As listas de correo hoxe en día son un nicho > insalvable para a inmensa maioría e, se vos fixades no mundo da > informática son hoxe sempre subsidiarias, complemento dos proxectos > e sistemas de código (GitLab, Pontoon, Crowdin, Transifex, etc.) > > O foro de Trasno é unha ferramenta realmente de última tecnoloxía > para poñerse ao día. > Por favor, dedicádelle un tempo. Hai uns días púxenvos unha > ligazón a unha versión noutro dominio e non comentastes nada. Agora > é unha versión dedicada para Trasno. > > Neste momento está case en básico pero é realmente adaptable. > <https://www.discourse.org/features> > Podería por exemplo crearse un "grupo" de cada un dos proxectos > maiores e mesmo atraer a tradutores galegos individuais, dar soporte > á continuidade. É difícil pero hai que tentalo e eu é a única > maneira que vexo. > > Para a discusión terminolóxica como nós a facemos tamén é moi > práctico pola riqueza de contido que permite (ligazóns, imaxes, > vídeos) e para manter unha canle visible para o corrector, para > actividades e campañas tamén. > > Todos os proxectos tenden a crear "ecosistema" arredor de si e como > fomos vendo na última década e no caso iso significa que os de > galego acabamos atomizados, dispersos e desconectados. > > Unha aperta a todos. > Antón Méixome > > > > > > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > [email protected] > - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto > Trasno > - Cancelar a subscrición no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7389&h=3275c04114313fe1f6f6b69dcd1ba12668017796&sa=928312864 > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7393&h=eb7f6a92d8a499182b0a9079f0951bd631803d7f&sa=392233831
