https://foro.trasno.gal
Realmente necesitamos algo así algo para unir e reordenar o fluxo de comunicación. Pídovos formalmente que o valoredes Pola miña experiencia, no web de Trasno cóstavos moito achegar contido ou participar. O wiki aínda peor. En Telegram, que é un chat, así que cruzas unhas cantas conversas e queres achegar info acaba sendo un caos. As listas de correo hoxe en día son un nicho insalvable para a inmensa maioría e, se vos fixades no mundo da informática son hoxe sempre subsidiarias, complemento dos proxectos e sistemas de código (GitLab, Pontoon, Crowdin, Transifex, etc.) O foro de Trasno é unha ferramenta realmente de última tecnoloxía para poñerse ao día. Por favor, dedicádelle un tempo. Hai uns días púxenvos unha ligazón a unha versión noutro dominio e non comentastes nada. Agora é unha versión dedicada para Trasno. Neste momento está case en básico pero é realmente adaptable. https://www.discourse.org/features Podería por exemplo crearse un "grupo" de cada un dos proxectos maiores e mesmo atraer a tradutores galegos individuais, dar soporte á continuidade. É difícil pero hai que tentalo e eu é a única maneira que vexo. Para a discusión terminolóxica como nós a facemos tamén é moi práctico pola riqueza de contido que permite (ligazóns, imaxes, vídeos) e para manter unha canle visible para o corrector, para actividades e campañas tamén. Todos os proxectos tenden a crear "ecosistema" arredor de si e como fomos vendo na última década e no caso iso significa que os de galego acabamos atomizados, dispersos e desconectados. Unha aperta a todos. Antón Méixome - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7389&h=1e3e1f91d388064c6addd4a53ab9a09ad3030cb6&sa=608011212
