Ola,

Eu creo que a mellor opción é "cuadrícula" por varias razóns:

  *   a definición que desa palabra dá o Dic. RAG encaixa coma unha luva no 
concepto que describes 
(https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/cuadrícula<https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/cuadrícula>).
  *   úsase con ese significado en documentación real en galego
  *   é a forma que se emprega en portugués 
(https://pt.wikipedia.org/wiki/Quadrícula)

Tamén se empregan outras formas como "cuadrantes" (a máis frecuente, pero que 
non encaixa moi ben coa definición do Dic. RAG) 
(https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/cuadrante) ou "cadros de 
mostraxe".

Xusto

________________________________
De: proxecto@trasno.gal <proxecto@trasno.gal> en nome de Xan Vieiro 
<gallaec...@gmail.com>
Enviado: luns, 23 de setembro de 2019 17:45
Para: Lista de correo de Proxecto Trasno <proxecto@trasno.gal>
Asunto: [Terminoloxía] Quadrat

Boas,

a palabra fai referencia a un instrumento de mostraxe empregado en 
investigacións botánicas, que orixinalmente era cadrado, podendo estar divido 
en subcuadrículas.
En castelán utilizan 'cuadrante' que considero tamén apta para o galego. Outra 
alternativa sería "cuadrícula".
Agradezo calquera axuda.

Un saúdo

Xan V.


- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición  no URL: 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6883&h=35d8d0f381c9fc762978b6af782ebe506a484028&sa=554514922

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6884&h=8d259f55bb20bac64c74c936777708a6d8e176ed&sa=1809017709

Responderlle a