Coido que cos problemas que houbo na lista non se respondeu a esta
solicitude de colaboración.


-------- Forwarded Message --------
Asunto: Axudar na tradución
Data: Tue, 6 Mar 2018 00:44:28 +0000
De: José Mariño <jmarinho...@gmail.com>
Responder a: Lista de correo de Proxecto Trasno <proxecto@trasno.gal>
Para: Lista de correo de Proxecto Trasno <proxecto@trasno.gal>

Ola

O meu nome é José traballo nun Instituto de secundaria coma conserxe e
tamén estou facendo o ciclo superior de ASIR a distancia. No instituto
axudo tamén á xente de TIC's sobre todo no tema de equipos con GNU/Linux
xa que son usuario desde hai 6 anos e son talvez o que máis experiencia
e coñecementos ten dos que estamos no centro.

Gustaríame axudar no proxecto porque acho que unha das mellores maneiras
de facer que a nosa lingua poida sobrevivir é facendo que chegue e estea
presente en todos os ámbitos. Ademais tamén defendo o uso do software
libre. Por iso penso que o que se fai neste proxecto é importante porque
achega o galego á tecnoloxía e o software libre á poboación galegofalante.

Non teño nin idea de por onde comezar así que agardo que me digades os
que levades máis tempo en función das necesidades do proxecto e de que
tamén preciso ir pouco a pouco para ir aprendendo, xa que non teño moita
experiencia previa. Algo si que fixen ai tempo en Transfirex traducín un
aplicativo non oficial (quero dicir que non pertencía ao núcleo do
proxecto, era de un terceiro) para ElementaryOS, que era o que tiña
instalado de aquelas, que se chamaba algo así como Elementary-Tweaks e
que permitía configurar de xeito gráfico máis cousas das que permitía a
ferramenta de axustes que tiña instalado por defecto. Agora mesmo nin
sei se sigue existindo.

Agora uso tanto no traballo como no meu propio PC a distribución
Kubuntu, ou Lubuntu se teño que facelo nun equipo máis limitado.

Nada máis agardo que me orientedes un pouco

Boa noite


- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL :
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=775&h=bb45b84e36c567249a00003deaf927ca02a45474&sa=1314569029




powered by *Mailster* - the flexible mailing list solution for
WordPress, more information: https://wpmailster.com



- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6743&h=51a26be21c3c19ed57d5c332ad2185032bbc864b&sa=1112894236

Responderlle a