Boas: Iso que comentas de que interromper está na definición de pause tamén o vira. Vale, tomo nota de que é unha boa opción.
Polo que vexo silenciar o dicionario tamén o refire a persoas e non a dispositivos igual que enmudecer polo que, sen máis datos, aparte de que é o que usa Microsoft non vexo vantaxe para o seu uso. En Gnome polo que vin empregase tanto silenciar como enmudecer No Kde, silenciar/desilenciar No Xfce, silenciar e enmudecer Resumindo: muted (indica estado con son): silenciado/sen son/enmudecido unmuted (indica estado con son): desilenciado/con son/desenmudecido mute (verbo): silenciar/desactivar son/ enmudecer unmute(verbo): desinlenciar/activar son/desenmudecer Opinións? A ver se alguén máis se anima a participar e achegar máis puntos de vista/opcións/razoamentos para empregar determinada forma. Dani O 21/05/19 ás 13:24, RODRIGUEZ RIO XUSTO ALEXANDRE escribiu: > Ola, > > "Interromper" paréceme unha boa opción polas razóns que achegas, e ademais > por outras dúas: > - permite xerar a partir del un substantivo aceptable (interrupción) > - o propio DRAG usa "interrupción" na definición de "pausa" para explicar o > seu significado. > > En relación cos outros termos que indicas, só me xera dúbidas a familia > "mute" / "unmute" / "muted". > > Na Colección de Terminoloxía de Microsoft > (https://www.microsoft.com/es-es/language) recoméndase: > - "desactivar son", "silenciar" ou "sen son" para "mute" (To eliminate or > temporarily suppress the sound produced by a device, such as a computer or > digital media device. A device in such a state has a volume level of zero.) > - "activar son" ou "con son" para "unmute" (To enable your sound or another > participants' sound during a call.) > > Non sería mellor elixir algún destes co fin de ir asentando denominacións > máis ou menos únicas para os distintos conceptos e evitar a multiplicación de > sinónimos? > > Xusto > > -----Mensaxe orixinal----- > De: proxecto@trasno.gal [mailto:proxecto@trasno.gal] En nome de Dani > Enviado: luns, 20 de maio de 2019 16:38 > Para: Lista de correo de Proxecto Trasno > Asunto: Re: [terminoloxia] stop - pause > > Reabro este fío > > Referido a parar temporalmente unha reproducción. > > Sobre «pause» como verbo, que vos parece: > Interromper? > > Interromper, na definición o RAG menciona de xeito expreso a > posibilidade de ser algo temporal («por un momento») cousa que non ten > nin deter nin parar. > > Referido á reprodución de medios (musica/ vídeo) comento estes termos > relacionados, > Vedes algún problema con estas escollas? > pause (substantivo): interrupción/pausa (se se prefire o neoloxismo) > resume (verbo): retomar (tal como se apuntou) > play (verbo): reproducir? > stop (verbo): deter > media (referido a recursos tipo vídeo, son, imaxe, texto): multimedia > (isto está no RAG) > mute (verbo): enmudecer > unmute (verbo): desenmudeder > muted (acción): enmudecido > > > Enmudecer refírese a persoa máis poida que haxa algunha opción mellor. > > Dani > > O 19/11/13 ás 00:05, Antón Méixome escribiu: >> 2013/11/18 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>: >>> 2013/11/18 Antón Méixome <cert...@certima.net>: >>>> Sería aceptable? >>>> >>>> Stop = Parar >>>> Pause = Deter >>>> >>>> O DRAG non vexo que me dea ningún matiz pero son claramente dúas >>>> accións distintas e que estan en todos os trebellos >>> Eu emprego (xa que non hai ningún acordo): >>> >>> «stop» = «deter» >>> «pause» = «pausar» >>> >>> >>> O que máis me sorprende é que se miras >>> http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=deter >>> case todas as súas acepcións inclúen como sinónimo «parar», pero na >>> páxina de «parar» non aparece ningunha desas acepcións. Por certo, as >>> acepcións que creo que se poden aplicar ao noso caso creo que están >>> todas na páxina de «deter» aínda que todas indican como sinónimo >>> «parar». >>> >> Precisamente ese é o problema. >> Na lingua común o xogo dos sinónimos pode valer. Nunha linguaxe >> técnica é un pesadelo. A solución, coma case sempre teremos que >> buscala nós especializando as formas por iso «pausar» non me parece >> unha boa solución porque é un neoloxismo sen necesidade, aínda que se >> usa xusto pola falta de precisión de «parar, deter» e ademais é un >> calco do inglés. >> >> Engádase a estas dúas o problema de «resume» que xa o traducimos, creo >> que con bastante éxito como «retomar» >> >> Outros matices a ter en conta: «cancel» como cancelar >> >> Así que temos que determinar toda a familia semántica do control de >> avance dunha reprodución >> >> Iniciar - Deter - Parar - Retomar - Cancelar - Rematar.... >> >> E o relacionado de xestión do elemento para a reprodución >> >> Abrir - Pechar - Retirar - Engadir >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> proxe...@trasno.net >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > > > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6385&h=4494610d1f81f97fb5be8292e5fb6b5a7437dc56&sa=281170035 > > > > > powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress, > more information: https://wpmailster.com > > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal > - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL : > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6707&h=e9dc1eb9b559b427bc81435cb29f96025ae6c3a4&sa=1387677645 > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6711&h=9128ed0e4cb9fc7cd0b9a85e7331961d230ed595&sa=1464207634