Ola, "Interromper" paréceme unha boa opción polas razóns que achegas, e ademais por outras dúas: - permite xerar a partir del un substantivo aceptable (interrupción) - o propio DRAG usa "interrupción" na definición de "pausa" para explicar o seu significado.
En relación cos outros termos que indicas, só me xera dúbidas a familia "mute" / "unmute" / "muted". Na Colección de Terminoloxía de Microsoft (https://www.microsoft.com/es-es/language) recoméndase: - "desactivar son", "silenciar" ou "sen son" para "mute" (To eliminate or temporarily suppress the sound produced by a device, such as a computer or digital media device. A device in such a state has a volume level of zero.) - "activar son" ou "con son" para "unmute" (To enable your sound or another participants' sound during a call.) Non sería mellor elixir algún destes co fin de ir asentando denominacións máis ou menos únicas para os distintos conceptos e evitar a multiplicación de sinónimos? Xusto -----Mensaxe orixinal----- De: proxecto@trasno.gal [mailto:proxecto@trasno.gal] En nome de Dani Enviado: luns, 20 de maio de 2019 16:38 Para: Lista de correo de Proxecto Trasno Asunto: Re: [terminoloxia] stop - pause Reabro este fío Referido a parar temporalmente unha reproducción. Sobre «pause» como verbo, que vos parece: Interromper? Interromper, na definición o RAG menciona de xeito expreso a posibilidade de ser algo temporal («por un momento») cousa que non ten nin deter nin parar. Referido á reprodución de medios (musica/ vídeo) comento estes termos relacionados, Vedes algún problema con estas escollas? pause (substantivo): interrupción/pausa (se se prefire o neoloxismo) resume (verbo): retomar (tal como se apuntou) play (verbo): reproducir? stop (verbo): deter media (referido a recursos tipo vídeo, son, imaxe, texto): multimedia (isto está no RAG) mute (verbo): enmudecer unmute (verbo): desenmudeder muted (acción): enmudecido Enmudecer refírese a persoa máis poida que haxa algunha opción mellor. Dani O 19/11/13 ás 00:05, Antón Méixome escribiu: > 2013/11/18 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>: >> 2013/11/18 Antón Méixome <cert...@certima.net>: >>> Sería aceptable? >>> >>> Stop = Parar >>> Pause = Deter >>> >>> O DRAG non vexo que me dea ningún matiz pero son claramente dúas >>> accións distintas e que estan en todos os trebellos >> Eu emprego (xa que non hai ningún acordo): >> >> «stop» = «deter» >> «pause» = «pausar» >> >> >> O que máis me sorprende é que se miras >> http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=deter >> case todas as súas acepcións inclúen como sinónimo «parar», pero na >> páxina de «parar» non aparece ningunha desas acepcións. Por certo, as >> acepcións que creo que se poden aplicar ao noso caso creo que están >> todas na páxina de «deter» aínda que todas indican como sinónimo >> «parar». >> > Precisamente ese é o problema. > Na lingua común o xogo dos sinónimos pode valer. Nunha linguaxe > técnica é un pesadelo. A solución, coma case sempre teremos que > buscala nós especializando as formas por iso «pausar» non me parece > unha boa solución porque é un neoloxismo sen necesidade, aínda que se > usa xusto pola falta de precisión de «parar, deter» e ademais é un > calco do inglés. > > Engádase a estas dúas o problema de «resume» que xa o traducimos, creo > que con bastante éxito como «retomar» > > Outros matices a ter en conta: «cancel» como cancelar > > Así que temos que determinar toda a familia semántica do control de > avance dunha reprodución > > Iniciar - Deter - Parar - Retomar - Cancelar - Rematar.... > > E o relacionado de xestión do elemento para a reprodución > > Abrir - Pechar - Retirar - Engadir > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > proxe...@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6385&h=4494610d1f81f97fb5be8292e5fb6b5a7437dc56&sa=281170035 powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress, more information: https://wpmailster.com - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6707&h=19dc525044a81500d979e2b82bc17afb3f390d69&sa=1326195276