Ola,

De cara á vindeira lexislatura, estase vendo a necesidade de reforzar o
carácter plurilingüístico do estado español. En Galicia a Mesa pola
Normalización difunde un manifesto compartido con outras comunidades
lingüísticas que me parece unha iniciativa sinxela e interesante.

*«O dereito dos pobos e das persoas a empregaren a súa lingua é un dereito
humano. O dereito de uso pleno é garantía de democracia, de liberdade e de
progreso social.*

*A diversidade lingüística, o seu recoñecemento e o seu exercicio, non son
un capricho. Son necesidade para vivir con dignidade colectiva nunha
sociedade plural, democrática e xusta, que non admita o odio. Contra
ninguén. Tampouco por motivos de lingua.*


*...»*
Pídese a sinatura

https://www.amesa.gal/manifestos/pluralidade-linguistica-liberdade-igualdade-e-democracia#comment-4270

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=5140&h=3b0faf415a6d4e3a1656a6f5dbc474e1efbb99bc&sa=1454352961

Responderlle a