Si, o estilo é inconsistente. Como leva anos traducido e por xente que
descoñezo, evitei cambiar cousas. Ademais, o vocabulario empregado é o
que utilizan en manuais, como «Código Octopus» e outros.

«script» está como «programa» e «sprite» como «figura» (está claro que
é moi mellorábel, pero fíxate: catalán «personatge», español «objeto»,
portugués «actor»...).

«else» é a segunda parte de «if» (que vai con «then», «entón»).

Si se omiten moitas palabras gramaticais e tampouco me gusta. Supoño
que está pensado para explicar na clase: «Agora hai que poñer un bloque
tipo X».

Para ver como se ve, vai a https://llk.github.io/scratch-gui/develop/

Vexo as traducións coma ti, así que se queres cambiar, adiante, que che
apoio.

Xosé

O Mér, 14-11-2018 ás 21:34 +0000, mvillarino escribiu:
> Boa noite,
> 
> a ver, que estou poñéndome co da revisión.
> 
> Entendo que se escolle traducir «script» como «programa» e «sprite»
> como «figura»
> O de «else» por «se non» forma parte dalgún acordo?
> «Repeat until %1» está como «Repetir ata %1» (N.B. %1 é un evento).
> Por que non "Repetir ata que %1"?
> En xeral vexo que se omiten moitas palabras "gramaticais"
> (preposicións, artígos); é así intencionalmente? Non é o que prefira,
> pero non teño impedimento se é o estilo pretendido.
> 
> brgds,
> Marce
> 
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
> proxecto@trasno.gal
> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición no URL : 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=3853&h=1a6b83791fe1a796704fe3946455ee97730ae6b8&sa=150179034
> 


- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=3874&h=996c79c88f6c013d7c5a00f4b3854e2e7808aeea&sa=166482489

Responderlle a