Boas. Non sei se agora é posible, pero antes podíase coller directamente a carpeta de configuración do Firefox, pegala no sitio correspondente da nova instalación e xa che collía os contrasinais tamén.
Non era nada seguro se che mangaban a carpeta, pero tenme aforrado algún que outro desgusto. O luns, 12/11/2018 ás 20:24, Antón Méixome (<cert...@certima.net>) escribiu: > Hoxe en día moito do software tradúcese en plataformas web nas que temos > usuario e contrasinal e un enderezo ao que acudir. Cando un acumula moito > disto é doado perderse polo que tendemos a gardar os contrasinais no > navegador pero co tempo, chega un día que temos que refrescar o perfil, ou > cambiar de edición do SO, reinstalar, etc. > > Desde a versión 58 de Firefox non é posible exportar os contrasinais. Os > engadidos que funcionaban antes agora xa non. > > Para que exportar? Reinstalación, pasar contrasinais a outro SO, copia de > seguranza... > > > Atopei unha solución moi sinxela e multiplataforma > > https://github.com/kspearrin/ff-password-exporter > > para utilizala en Ubuntu hai que descargar a versión AppImage. Ese é > formato dos antigos paquetes portables de Linux (iso teño entendido). Todo > o necesario está autocontido na aplicación. Non é sequera necesario ser > root para extraer os contrasinais do noso perfil de Firefox. > > 1. Descargar > 2. Cambiarlle os permisos: > > chmod a+x FF-Password-Exporter-1.1.0-x86_64.AppImage > > 3. Executar > > ./FF-Password-Exporter-1.1.0-x86_64.AppImage > > > [image: image.png] > > O bo que ten é que se queda instalada como calquera aplicación polo que se > pode invocar desde o menú de aplicativos, na sección de accesorios. > > > > > > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > proxecto@trasno.gal > - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto > Trasno > - Cancelar a subscrición no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=3787&h=783121fdd633834a874c65d0e2f9f6006dbdb37d&sa=1148527764 > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=3790&h=d990fec7b241acbee6a1dd454c8e71e1ce62a1cf&sa=932745986