Hoxe en día moito do software tradúcese en plataformas web nas que temos usuario e contrasinal e un enderezo ao que acudir. Cando un acumula moito disto é doado perderse polo que tendemos a gardar os contrasinais no navegador pero co tempo, chega un día que temos que refrescar o perfil, ou cambiar de edición do SO, reinstalar, etc.
Desde a versión 58 de Firefox non é posible exportar os contrasinais. Os engadidos que funcionaban antes agora xa non. Para que exportar? Reinstalación, pasar contrasinais a outro SO, copia de seguranza... Atopei unha solución moi sinxela e multiplataforma https://github.com/kspearrin/ff-password-exporter para utilizala en Ubuntu hai que descargar a versión AppImage. Ese é formato dos antigos paquetes portables de Linux (iso teño entendido). Todo o necesario está autocontido na aplicación. Non é sequera necesario ser root para extraer os contrasinais do noso perfil de Firefox. 1. Descargar 2. Cambiarlle os permisos: chmod a+x FF-Password-Exporter-1.1.0-x86_64.AppImage 3. Executar ./FF-Password-Exporter-1.1.0-x86_64.AppImage [image: image.png] O bo que ten é que se queda instalada como calquera aplicación polo que se pode invocar desde o menú de aplicativos, na sección de accesorios. - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=3787&h=8495e9503a0f9daa9031b29dd18f2f9e6e79265a&sa=1634296053