O 12:39 do 3 de xuño de 2018, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu: > Normalmente veño traducindo isto como «publicación, publicar» pero me > pregunto por que non utilizamos nunca a forma en que se expresa a xente, > informalmente. > > Todos estamos afeitos a escoitar que o de publicar en Facebook, Instagram, > na "Web" se lle chama «colgar» > > No fondo non me gusta que post se traduza como publicar porque o vexo como > un termo técnico (get/post) pero por outro lado non teño unha alternativa > mellor para o uso substantivo xenérico: > > Un post que pode ser unha páxina, un comentario, un artigo ... > > Ora ben, para o verbo, publicar, por que non aceptar "colgar" que mesmo é > tan xenérico que podería utilizarse en casos de upload: colgar un ficheiro > do web > > Igual estou patinando...
Ola, «post a post» normalmente tradúzoo como «publicar unha entrada». E non vexo ningún problema con «publicar». Deica - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2189&h=3c73696f682b11c2d644bd5e03a07be2b499d6a9&sa=1274394926