Ola. A min gústame especialmente o tema da tipografía, por mor de que os pais do meu mellor amigo dende a mocidade tiñan unha imprenta na que de mocete argallei moito e quedoume o verme da cousa esa :-)
Para min o mellor espazo de consulta é a páxina http://www.unostiposduros.com/, a pesares de ser en castelán, tendo en conta que a tipografía en galicia sempre estivo supeditada á española sempre escoitei os termos, ou ben, en castelan ou simplemente adaptado/transliterado. caja alta → caixa alta caja baja → caixa baixa hombro → hombtro (e non hombreiro) etc. En canto teña un momento bótolle un ollo a ver se podo facer algunha suxestión. O 02:14 do 7 de marzo de 2018, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu: > É un campo de terminoloxía moi complicada porque a tipografía é máis un > arte que ciencia ou técnica. Quero dicir que as palabras derivan máis dunha > tradición humanística moi condicionada pola propia cultura, historia, > industria, persoeiros, etc. Isto significa que os termos en inglés poden > non ter realmente correspondencia tradicional (o que nos levaría a deixar > as denominacións sen traducir) e ademais estou seguro que aquí hai moitas > "innovacións" facilitadas pola dixitalización e o traballo dos deseñadores, > que non existiron ata agora, son neoloxismos. Hai de todo, palabras > inventadas, compostas, frases descritivas, marcas, nomes, etc. > > Pero por outro lado, estudando o tema atopariamos equivalentes, seguro. O > malo é que levaría moooito tempo facer algo sistemático. De feito a > Galipedia está en esqueleto neste tema. Aquí deixo un exemplo en español > desta perspectiva > > https://tiposformales.files.wordpress.com/2015/05/tipos_formales_libro.pdf > > En galego o mellor que coñezo para documentarse é "Do orixinal ao libro" > de Juan L. Branco Valdés. Ed. Xerais. ao que lle botei unha ollada rápida > a ver se viñan eses termos en inglés e ... non. > > Outro moi interesante sen pretendelo é este > Pequeño Diccionario del Diseñador > <http://losqueno.com/wp-content/uploads/2015/04/DICCIONARIO-DISE--O.pdf> > > Por exemplo, penso > > Stretching... Descomposición de glifo estirada > Math... Estilo de guión alternativo para matemáticas > Quarter.. Guións cuarteados/terciados > Unicase... Caixa única, Unicameral > > O ficheiro que hai que traducir, mireino, e non o vexo demasiado extremo, > podes saír bastante ben porque a maioría dos problemas xa están resoltos. > > Antón > > ... > > > > > > > 2018-03-07 0:29 GMT+01:00 Fran Dieguez <fran.dieg...@mabishu.com>: > >> Hola, >> >> en gnome-font-viewer meteron compatibilidade para certas características >> dos tipos de letra que sinceramente descoñecía como funcionaban e menos >> como traducilas. >> >> Como referencia atopei esta páxina https://helpx.adobe.com >> /typekit/using/open-type-syntax.html con exemplos para cada unha das >> características. >> >> Entre as que hai están: >> Quarter Widths https://helpx.adobe.com/typekit/using/open-type-synta >> x.html#qwid >> Math script style alternates >> Stretching Glyph Decomposition >> Third Widths >> Unicase >> >> Podedes ver o ficheiro de tradución na seguinte ligazón >> https://l10n.gnome.org/vertimus/gnome-font-viewer/master/po/gl >> >> Alguén pode ofrecer algo de luz neste tema. >> >> Saúdos. >> >> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal >> - correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno >> - Desubscribirse no URL: >> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=864&h=5c6e8bc3df52c0e1fa3ee32daf320aceee5ad590&sa=363605619 >> >> > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal > - correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno > - Desubscribirse no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=870&h=bbd91b3d5af3cca58a862b879f932ea77093a20e&sa=1526535308 > > -- Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Desubscribirse no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=887&h=d1ddef9fb01595b4759dd8de90aba95e800bf786&sa=1530266443