runtime(tutor): Add Galician language versions of tutor1 and tutor2 Commit: https://github.com/vim/vim/commit/951d025af13516be1dd182b8d0798a78bf93b33c Author: fernandovilarino <ferna...@cvc.uab.es> Date: Sat May 3 19:07:35 2025 +0200
runtime(tutor): Add Galician language versions of tutor1 and tutor2 Both latin-1 and utf-8 versions are included. closes: #17245 Signed-off-by: fernandovilarino <ferna...@cvc.uab.es> Signed-off-by: Christian Brabandt <c...@256bit.org> diff --git a/runtime/tutor/tutor1.gl b/runtime/tutor/tutor1.gl new file mode 100644 index 000000000..8816d3419 --- /dev/null +++ b/runtime/tutor/tutor1.gl @@ -0,0 +1,1048 @@ +=============================================================================== += B e n v i d o a o t u t o r d o V I M - Versión 1.7 = +=============================================================================== + + + Vim é un editor moi potente que dispón de moitos comandos, demasiados + para ser explicados nun tutor coma este. Este tutor está deseñado + para describir comandos dabondo para que vostede sexa capaz de + aprender fácilmente a usa-lo Vim como un editor de propósito xeral. + + O tempo necesario para completa-lo tutor é aproximadamente de 30 + minutos, dependendo de canto tempo se adique á experimentación. + + Os comandos destas leccións modificarán o texto. Faga unha copia deste + ficheiro para practicar (con «vimtutor», isto xa é unha copia). + + É importante lembrar que este tutor está pensado para ensinar coa + práctica. Isto significa que cómpre executa-los comandos para + aprendelos axeitadamente. Se únicamente le o texto, esqueceránselle + os comandos! + + Agora, asegúrese de que a tecla de bloqueo de maiúsculas NON está + activada e prema a tecla j para move-lo cursor, de xeito que o texto + da Lección 1.1.1 abranga completamente a pantalla. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.1.1: MOVE-LO CURSOR + + + ** Para move-lo cursor, prema as teclas h,j,k,l do xeito indicado. ** + ^ + k Indicación: A tecla h está á esquerda, e móveo á esquerda. + < h l > A tecla l está á dereita, e móveo á dereita. + j A tecla j semella unha frecha e apunta + v cara a embaixo. + + 1. Mova o cursor pola pantalla ata que sinta comodidade facendo a acción. + + 2. Manteña premida a tecla j ata que se repita automáticamente. + Agora xa sabe como chegar á lección seguinte. + + 3. Utilizando a tecla abaixo, vaia á lección 1.1.2. + +NOTA: Se alguna vez non está seguro sobre algo que tecleara, prema <ESC> + para situarse no modo Normal. Logo, volva a teclear a orde que desexaba. + +NOTA: As teclas de movemento do cursor tamén funcionan. Pero usando hjkl + poderá moverse moito máis rápido unha vez que se acostume. + De verdade! + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.1.2: SAÍR DO VIM + + +NOTA: Antes de executar algún dos seguintes pasos, lea primeiro a lección + enteira!! + + 1. Prema a tecla <ESC> (para asegurarse de que está no modo Normal). + + 2. Escriba: :q! <INTRO> + Isto provoca a saída do editor REXEITANDO calquer cambio que fora feito. + + 3. Regrese eiquí executando o comando que o trouxo a este tutor. + Este puido ser: vimtutor <INTRO> + + 4. Se memorizou estes pasos, e se sinte con confianza, execute os + pasos do 1 ao 3 para saír e volver a entrar ao editor. + +NOTA: :q! <INTRO> descarta cualquer cambio que realizara. + En próximas leccións, aprenderá como garda-los cambios nun arquivo. + + 5. Mova o cursor ata a Lección 1.1.3. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.1.3: EDITAR TEXTO - BORRAR + + + ** Prema x para elimina-lo carácter baixo o cursor. ** + + 1. Mova o cursor á liña de embaixo sinalada con --->. + + 2. Para corrixi-los erros, mova o cursor ata que estea sobre o + carácter que vai ser borrado. + + 3. Prema a tecla x para elimina-lo carácter non desexado. + + 4. Repita os pasos 2 a 4 ata que a frase sexa a correcta. + +---> A vvaca saltooooou soobree aa lúúúúúúúa. + + 5. Agora que a liña está correcta, continúe coa Lección 1.1.4. + +NOTA: A medida que vaia avanzando neste tutor, non tente memorizar, + aprenda practicando. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.1.4: EDITAR TEXTO - INSERIR + + + ** Prema i para inserir texto. ** + + 1. Mova o cursor á primeira liña de embaixo sinalada con --->. + + 2. Para facer que a primeira liña sexa igual ca segunda, mova o cursor + ata que estea sobre o carácter ANTES do texto que vai ser inserido. + + 3. Prema i e escriba os carácteres a engadir. + + 4. A medida que sexa corrixido cada erro, prema <ESC> para volver ao modo + Normal. Repita os pasos 2 a 4 para corrixi-la frase. + +---> Flta texto nesta . +---> Falta algo de texto nesta liña. + + 5. Cuando se sinta con comodidade inserindo texto, pase á lección 1.1.5. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.1.5: EDITAR TEXTO - ENGADIR + + + ** Prema A para engadir texto. ** + + 1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->. + Non importa sobre qué carácter estea o cursor nesta liña. + + 2. Prema A e escriba o texto necesario. + + 3. Cuando o texto estea engadido, prema <ESC> para volver ao modo Normal. + + 4. Mova o cursor á segunda liña marcada con ---> e repita os pasos 2 e 3 + para corrixir esta frase. + +---> Falta algún texto nes + Falta algún texto nesta liña. +---> Tamén falta alg + Tamén falta algún texto eiquí. + + 5. Cuando se sinta con comodidade engadindo texto, pase á lección 1.1.6. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.1.6: EDITAR UN ARQUIVO + + + ** Use :wq para gardar un arquivo e saír ** + +NOTA: Antes de executar os seguintes pasos, lea a lección enteira!! + + 1. Se ten acceso a outra terminal, faga os seguintes puntos nela. + Se non é así, saia deste tutor como fixo na lección 1.1.2: :q! + + 2. No símbolo do sistema escriba este comando: vim arquivo.txt <INTRO> + 'vim' é o comando para arrincar o editor Vim, + 'arquivo.txt' é o nome do arquivo que quere editar. + Utilice o nome dun arquivo que poida cambiar. + + 3. Insira e elimine texto como xa aprendeu nas leccións anteriores. + + 4. Garde o arquivo cos cambios e saia do Vim con: :wq <INTRO> + + 5. Se xa saiu do vimtutor no paso 1, reinicie vimtutor e baixe ata + o seguinte resumo. + + 6. Despois de le-los pasos anteriores e telos entendido: fágaos. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + RESUMO DA LECCIÓN 1.1 + + + 1. O cursor móvese utilizando as teclas das frechas ou as teclas hjkl. + h (esquerda) j (abaixo) k (arriba) l (dereita) + + 2. Para acceder ao Vim dende o símbolo do sistema escriba: + vim nome_arquivo <INTRO> + + 3. Para saír do Vim escriba: <ESC> :q! <INTRO> para eliminar tódolos + cambios. + Ou escriba: <ESC> :wq <INTRO> para garda-los cambios. + + 4. Para borrar un carácter baixo o cursor en modo Normal prema: x . + + 5. Para inserir ou engadir texto escriba: + i escriba o texto a inserir <ESC> insire o texto antes do cursor + A escriba o texto a engadir <ESC> engade o texto ao final da liña + +NOTA: Premendo <ESC> tórnase ao modo Normal ou cancélase unha orde non + desexada ou incompleta. + + Agora continúe coa Lección 1.2. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.2.1: COMANDOS PARA BORRAR + + + ** Escriba dw para borrar unha palabra ** + + 1. Prema <ESC> para asegurarse de que está no modo Normal. + + 2. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->. + + 3. Mova o cursor ao comezo dunha palabra que desexe borrar. + + 4. Prema dw para facer que a palabra desapareza. + +NOTA: A letra d aparecerá na última liña inferior dereita da pantalla + namentres a escribe. O Vim está esperando que escriba w . + Se ve outro carácter que non sexa d , é que escribiu algo mal. Prema + <ESC> e comece de novo. + +---> Hai algunhas palabras pásao ben que non pertencen papel a esta frase. + + 5. Repita os pasos 3 e 4 ata que a frase sexa correcta e pase á + lección 1.2.2. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.2.2: MÁIS COMANDOS PARA BORRAR + + + ** Escriba d$ para borrar ata o final da liña. ** + + 1. Prema <ESC> para asegurarse de que está no modo Normal. + + 2. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->. + + 3. Mova o cursor ao final da liña correcta (DESPOIS do primeiro . ). + + 4. Escriba d$ para borrar ata o final da liña. + +---> Alguén escribiu o final desta liña dúas veces. esta liña dúas veces. + + Pase á lección 1.2.3 para entender qué está pasando. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.2.3: SOBRE OPERADORES E MOVEMENTOS + + + Moitos comandos que cambian texto están compostos por un operador e máis + un movemento. + O formato para o comando 'eliminar' co operador de borrado d é o + seguinte: + + d movemento + + Onde: + d - é o operador para borrar. + movemento - é o texto sobre o que o comando vai operar (lista inferior). + + Eiquí, unha lista resumida de movementos: + w - ata o comezo da seguinte palabra, EXCLUÍNDO o seu primero carácter. + e - ata o final da palabra actual, INCLUÍNDO o último carácter. + $ - ata o final da liña, INCLUÍNDO o último carácter. + + Polo tanto, ao escribir de borraráse dende a posición do cursor ata o + final da palabra. + +NOTA: Premendo únicamente o movemento, estando no modo Normal sen un + operador, moveráse o cursor como se especifica na lista anterior. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.2.4: UTILIZAR UN CONTADOR PARA UN MOVEMENTO + + + ** Ao escribir un número denantes dun movemento, repítise o movemento + o número de veces. ** + + 1. Mova o cursor ao comezo da liña marcada con --->. + + 2. Escriba 2w para mover o cursor dúas palabras cara a adiante. + + 3. Escriba 3e para mover o cursor ao final da terceira palabra cara a + adiante. + + 4. Escriba 0 (cero) para coloca-lo cursor ao inicio da liña. + + 5. Repita os pasos 2 e 3 con diferentes números. + +---> Isto é só unha liña con palabras onde poder moverse. + + Pase á lección 1.2.5. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.2.5: UTILIZAR UN CONTADOR PARA BORRAR MÁIS + + + ** Ao escribir un número cun operador, repítese ese número de veces. ** + + En combinación co operador de borrado e o movemento mencionado + anteriormente, engada un contador antes do movemento para eliminar máis: + d número movemento + + 1. Mova o cursor ao inicio da primeira palabra en MAIÚSCULAS na liña + marcada con --->. + + 2. Escriba d2w para elimina-las dúas palabras en MAIÚSCULAS. + + 3. Repita os pasos 1 e 2 con diferentes contadores para elimina-las + seguintes palabras en MAIÚSCULAS cun comando. + +---> Esta ABC DE cadea FGHI JK LMN OP de palabras foi Q RS TUV limpada. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.2.6: OPERACIÓN EN LIÑAS + + + ** Escriba dd para eliminar unha liña completa. ** + + Debido á frecuencia coa que se elimina unha liña completa, os deseñadores + do Vim decidiron que sería máis sinxelo simplemente escribir dúas letras + d para eliminar unha liña. + + 1. Mova o cursor á segunda liña do párrafo inferior. + + 2. Escriba dd para elimina-la liña. + + 3. Agora, móvase á cuarta liña. + + 4. Escriba 2dd para eliminar dúas liñas á vez. + +---> 1) As rosas son vermellas, +---> 2) o barro é divertido, +---> 3) a violeta é azul, +---> 4) teño un coche, +---> 5) os reloxos dan a hora, +---> 6) o azucere é dóce +---> 7) e ti tamén o es. + + A duplicación para borrar liñas tamén funcionan cos operadores + mencionados anteriormente. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.2.7: O COMANDO DESFACER + + + ** Prema u para desfacer os últimos comandos, + U para desfacer unha liña enteira. ** + + 1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con ---> e sitúeo baixo o + primeiro erro. + + 2. Prema x para borra-lo primeiro carácter non desexado. + + 3. Prema agora u para desface-lo último comando executado. + + 4. Agora, corrixa tódolos erros da liña usando o comando x. + + 5. Prema agora U maiúsculo para devolver a liña ao seu estado orixinal. + + 6. Prema agora u unhas poucas veces máis para desface-lo feito por U e + mailos comandos previos. + + 7. Agora, prema CTRL-R (manteña pulsada a tecla CTRL e prema R) unhas + cantas veces para volver a executar os comandos (desface-lo desfeito). + +---> Corrrixa os erros dee esttta liña e vooolva ponelos coon desfacer. + + Estes son uns comandos moi útiles. Agora, vaiamos ao resumo da lección 1.2. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + RESUMO DA LECCIÓN 1.2 + + + 1. Para borrar dende o cursor ata a seguinte palabra prema: dw + 2. Para borrar dende o cursor ata o final da palabra prema: de + 3. Para borrar dende o cursor ata o final dunha liña prema: d$ + 4. Para borrar unha liña enteira prema: dd + 5. Para repetir un movemento, antepoña un número: 2w + 6. O formato para un comando de cambio é: + operador [número] movemento + onde: + comando - é o que hai que facer, por exemplo, d para borrar + [número] - é un número opcional para repetir o movemento + movemento - móvese sobre o texto no que operar, como w (palabra), + $ (ata o final da liña), etc. + + 7. Para moverse ao inicio da liña utilice un cero: 0 + 8. Para desfacer acciones previas prema: u (u minúsculo) + Para desfacer tódolos cambios dunha liña prema: U (U mAIÚSCULO) + Para desface-lo desfeito prema: CTRL-R + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.3.1: O COMANDO «PUT» (PÓR) + + + ** Prema p para pór (pegar) despois do cursor o último que borrou. ** + + 1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->. + + 2. Escriba dd para borra-la liña e almacenala nun rexistro do Vim. + + 3. Mova o cursor á liña c) por RIBA de onde debería esta-la liña + eliminada. + + 4. Prema p para pega-la liña borrada por BAIXO do cursor. + + 5. Repita os pasos 2 a 4 para por tódalas liñas na orde correcta. + +---> d) Podes aprendela ti? +---> b) A violeta é azul, +---> c) a intelixencia apréndese, +---> a) as rosas son vermellas. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.3.2: O COMANDO «REPLACE» (TROCAR) + + + ** Prema rx para troca-lo carácter baixo o cursor con x . ** + + 1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->. + + 2. Mova o cursor para situalo sobre o primeiro erro. + + 3. Prema r e despois o carácter que debería ir aí. + + 4. Repita os pasos 2 e 3 ata que a primeira liña sexa igual á segunda. + +---> Cande esti lita fui escrita alguér premeu alginhas teclas equibocadas! +---> Cando esta liña foi escrita alguén premeu algunhas teclas equivocadas! + + 5. Agora pase á lección 1.3.3. + +NOTA: Lembre que debería aprender practicando. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.3.3: O COMANDO CAMBIAR + + + ** Para cambiar ata o final dunha palabra, escriba ce . ** + + 1. Mova o cursor á primeria liña inferior marcada con --->. + + 2. Sitúe o cursor no u de lubrs. + + 3. Escriba ce e corrixa a palabra (neste caso, escriba 'iña'). + + 4. Prema <ESC> e mova o cursor ao seguinte erro a cambiar. + + 5. Repita os pasos 3 e 4 ata que a primeira frase sexa igual á segunda. + +---> Esta lubrs ten unhas poucas pskavtad que corrixir co comando change. +---> Esta liña ten unhas poucas palabras que corrixir co comando cambiar. + + Teña en conta que ce elimina a palabra e entra no modo Inserir. + cc fai o mesmo para toda a liña. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.3.4: MÁIS CAMBIOS USANDO c + + + ** O operador cambio utilízase cos mesmos movementos que borrar. ** + + 1. O operador cambio funciona do mesmo xeito que borrar. O formato é: + + c [número] movemento + + 2. Os movementos son tamén os mesmos, como w (palabra) ou + $ (fin da liña). + + 3. Mova o cursor á primeira liña inferior sinalada con --->. + + 4. Mova o cursor ao primeiro erro. + + 5. Prema c$ e escriba o resto da liña para que sexa como a segunda, + e prema <ESC>. + +---> O final desta liña necesita algunha axuda para que sexa como a segunda. +---> O final desta liña necesita ser corrixido usando o comando c$. + +NOTA: Pode utiliza-lo retorno de carro para corrixir erros mentres escribe. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + RESUMO DA LECCIÓN 1.3 + + + 1. Para volver a pór ou pega-lo texto que acaba de borrarse, + escriba p . Isto pega o texto despois do cursor (se borrou unha + liña, ao pegala, esta situaráse na liña baixo do cursor). + + 2. Para troca-lo carácter baixo do cursor, prema r e logo o + carácter que quere que estea no seu lugar. + + 3. O operador cambio permítelle cambiar dende a posición do cursor + ata onde leve o movemento indicado. Por exemplo, prema ce + para cambiar dende o cursor ata o final da palabra, ou c$ + para cambiar ata o final da liña. + + 4. O formato para cambio é: + + c [número] movemento + + Pase agora á lección seguinte. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.4.1: UBICACIÓN DO CURSOR E ESTADO DO ARQUIVO + + + ** Prema CTRL-G para mostra-la súa situación no ficheiro e mailo estado. + Prema G para moverse a unha determinada liña do fichero. ** + +NOTA: Lea esta lección enteira antes de executar calquera dos pasos!! + + 1. Manteña premida a tecla Ctrl e prema g . Chamamos a isto CTRL-G. + Aparecerá unha mensaxe na parte inferior da páxina co nome do arquivo + e a posición do cursor no arquivo. + Lembre o número de liña para o paso 3. + +NOTA: Seica poida ve-la posición do cursor no recanto inferior da dereita + da pantalla. Isto acontece cando a opción 'ruler' (regra) está + habilitada (consulte :help 'ruler' ) + + 2. Prema G para move-lo cursor ata a parte inferior do arquivo. + Prema gg para move-lo cursor ao inicio do arquivo. + + 3. Escriba o número da liña na que estaba e despois G . Isto + tornaráo á liña na que estaba cuando pulsou CTRL-G. + + 4. Se se atopa con seguridade para poder facer isto, + execute os pasos 1 a 3. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.4.2: O COMANDO «SEARCH» (BUSCAR) + + + ** Escriba / seguido dun texto para busca-lo texto. ** + + 1. En modo Normal, prema o carácter / . Fíxese que tanto o carácter / + como o cursor aparecen na derradeira liña da pantalla, o mesmo que + o comando : . + + 2. Escriba agora errroor <INTRO>. Esta é a palabra que quere buscar. + + 3. Para repeti-la busca do mesmo texto outra vez, simplemente prema n . + Para busca-lo mesmo texto na dirección oposta, prema N . + + 4. Se quere buscar un texto na dirección oposta (cara a enriba), + utilice o comando ? en troques de / . + + 5. Para regresar ao lugar de onde procedía, prema CTRL-O (manteña pulsado + Ctrl mentres pulsa a tecla o). Repita o proceso para voltar máis atrás. + CTRL-I vai cara a adiante. + +---> "errroor" non é o xeito correcto de escribir erro; errroor é un erro. + +NOTA: Cando a busca chega ao final do arquivo, continuará dende o comezo, + agás que a opción 'wrapscan' estea desactivada. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.4.3: BUSCA PARA COMPROBAR PARÉNTESES + + + ** Prema % para atopa-la paréntese correspondente a ),] ou } . ** + + 1. Sitúe o cursor en cualquera dos carácteres (, [ o { na liña inferior + sinalada con --->. + + 2. Prema agora o carácter % . + + 3. O cursor moveráse á parella de peche da paréntese, corchete + ou chave correspondente. + + 4. Prema % para move-lo cursor ata a outra parella do carácter. + + 5. Mova o cursor a outra (,),[,],{ o } e vexa o que fai % . + +---> Isto ( é unha liña de proba con (, [, ], {, e } nela. )) + +NOTA: Isto é moi útil na detección de erros nun programa con parénteses, + corchetes ou chaves sen parella. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.4.4: O COMANDO SUBSTITUÍR + + + ** Escriba :s/vello/novo/g para substituír 'vello' por 'novo'. ** + + 1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->. + + 2. Escriba :s/aas/as/ <INTRO> . Teña en conta que este comando cambia + só o primeiro achado -na liña- da expresión que quere cambiar. + + 3. Agora escriba :s/aas/a/g . Ao engadir a opción g , o Vim fará + a substitución global na liña, cambiando tódo-los achados + do termo "aas" na liña. + +---> Coido que aas mellores épocas para aas frores son aas primaveras. + + 4. Para cambiar cada achado da cadea de carácteres entre dúas liñas: + Escriba :#,#s/vello/novo/g onde #,# son os números de liña do rango + de liñas onde se realizará a substitución. + Escriba :%s/vello/novo/g para cambiar cada achado en todo o arquivo. + Escriba :%s/vello/novo/gc para atopar cada achado en todo o arquivo, + pedindo confirmación para face-la + substitución ou non. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + RESUMO DA LECCIÓN 1.4 + + + 1. CTRL-G mostra a posición do cursor no ficheiro e mailo seu estado. + G move o cursor ao final do arquivo. + número G move o cursor a ese número de liña. + gg move o cursor á primeira liña do arquivo. + + 2. Escribindo / seguido dun texto busca o texto cara a ADIANTE. + Escribindo ? seguido dun texto busca o texto cara a ATRÁS. + Despois dunha busca, prema n para atopar o achado. + + 3. Premendo % cando o cursor está sobre (,), [,], { o } localiza + a parella correspondente. + + 4. Para cambiar vello por novo no primeiro achado dunha liña escriba + :s/vello/novo + Para cambiar tódo-los vello por novo nunha liña escriba + :s/vello/novo/g + Para cambiar texto entre dous números de liña escriba + :#,#s/vello/novo/g + Para cambiar vello por novo en todo o fichero escriba + :%s/vello/novo/g + Para pedir confirmación en cada caso engada 'c' + :%s/vello/novo/gc + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.5.1: CÓMO EXECUTAR UN COMANDO EXTERNO + + + ** Escriba :! seguido dun comando externo para executar ese comando. ** + + 1. Escriba o conocido comando : para situar o cursor ao final da + pantalla. Isto permitirálle introducir un comando. + + 2. Agora escriba o carácter ! (signo de admiración). Isto permitirálle + executar calquer mandato do sistema. + + 3. Como exemplo escriba ls despois do ! e logo prema <INTRO>. Isto + mostrarálle unha lista do seu directorio, igual que se estiviese no + símbolo do sistema. Se ls non funciona, utilice :!dir . + +NOTA: Deste xeito é posible executar cualquer comando externo, + tamén incluíndo argumentos. + +NOTA: Tódolos comandos : deben finalizarse premendo <INTRO>. + De agora en diante, non sempre se mencionará. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.5.2: MÁIS SOBRE GARDAR FICHEIROS + + + ** Para garda-los cambios feitos nun ficheiro, + escriba :w NOME_DE_FICHEIRO ** + + 1. Escriba :!dir ou :!ls para ver unha lista dos arquivos + do seu directorio. + Xa sabe que debe pulsar <INTRO> despois. + + 2. Elixa un nome de ficheiro que todavía non exista, como TEST. + + 3. Agora escriba :w TEST (onde TEST é o nome de ficheiro elixido). + + 4. Esta acción garda todo o ficheiro (Vim Tutor) baixo o nome TEST. + Para comprobalo, escriba :!dir ou :!ls de novo e vexa + o seu directorio. + +NOTA: Se saíra do Vim e volvera a entrar de novo con vim TEST , o + arquivo sería unha copia exacta do tutorial cuando o guardou. + + 5. Agora, elimine o arquivo escribindo (Windows): :!del TEST + ou (Unix): :!rm TEST + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.5.3: SELECCIONAR TEXTO PARA GARDAR + + + ** Para gardar parte do arquivo, escriba v movemento :w arquivo ** + + 1. Mova o cursor a esta liña. + + 2. Prema v e mova o cursor ata o quinto elemento inferior. Vexa que + o texto é salientado. + + 3. Prema o carácter : Na parte inferior da pantalla aparecerá + :'<,'> + + 4. Prema w TEST , onde TEST é un nome de arquivo que aínda non existe. + Verifique que ve :'<,'>w TEST antes de premer <INTRO>. + + 5. Vim escribirá as liñas seleccionadas no arquivo TEST. Utilice + :!dir o :!ls para velo. Non o elimine todavía! Utilizarémolo + na seguinte lección. + +NOTA: Ao pulsar v iniciá a selección visual. Pode move-lo cursor para + face-la selección máis grande ou pequena. Despois, pode utilizar un + operador para facer algo co texto. Por exemplo, d eliminará + o texto seleccionado. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.5.4: RECUPERANDO E MESTURANDO FICHEIROS + + + ** Para inseri-lo contido dun ficheiro escriba :r NOME_DO_FICHEIRO ** + + 1. Sitúe o cursor xusto por riba desta liña. + +NOTA: Despois de executar o paso 2 verá o texto da lección 1.5.3. Despois + DESCENDA ata ver de novo esta lección. + + 2. Agora recupere o arquivo TEST utilizando o comando :r TEST , onde + TEST é o nome que ven de utilizar. + O arquivo que recuperou colocaráse embaixo da liña onde se atope + o cursor. + + 3. Para verificar que se recuperou o arquivo, suba o cursor e + comprobe que agora hai dúas copias da lección 1.5.3, a orixinal e + maila versión do arquivo. + +NOTA: Tamén pode le-la saída dun comando externo. Por exemplo, + :r !ls le a saída do comando ls e pégao baixo da liña + onde se atopa o cursor. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + RESUMO DA LECCIÓN 1.5 + + + 1. :!comando executa un comando externo. + Alguns exemplos útiles son: + (Windows) (Unix) + :!dir :!ls - mostra o contido dun directorio. + :!del arquivo :!rm arquivo - borra o ficheiro arquivo. + + 2. :w arquivo escribe o arquivo actual no disco co nome de arquivo. + + 3. v movemento :w arquivo guarda as liñas seleccionadas visualmente + no arquivo arquivo. + + 4. :r arquivo recupera do disco o arquivo arquivo e pégao embaixo + da posición do cursor. + + 5. :r !dir le a saída do comando dir e pégao embaixo da + posición do cursor. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.6.1: O COMANDO «OPEN» (ABRIR) + + + ** Prema o para abrir unha liña embaixo do cursor + e situarse no modo inserir ** + + 1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->. + + 2. Prema a letra minúscula o para abrir unha liña por EMBAIXO do cursor + e situarse en modo Inserir. + + 3. Agora, escriba algún texto, e despois prema <ESC> para saír do modo + Inserir. + +---> Despois de pulsar o , o cursor sitúase na liña aberta en modo Inserir. + + 4. Para abrir unha liña por RIBA do cursor, simplemente prema un O + MAIÚSCULO, en troques dun o minúsculo. Probe isto na liña seguinte. + +---> Abra unha liña sobre esta, pulsando O cuando o cursor estea nesta liña. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.6.2: O COMANDO «APPEND» (ENGADIR) + + + ** Prema a para inserir texto despois do cursor. ** + + 1. Mova o cursor ao inicio da primeira liña inferior sinalada con --->. + + 2. Escriba e ata que o cursor estea ao final de li . + + 3. Escriba un a (minúsculo) para engadir texto despois do cursor. + + 4. Complete a palabra coma na liña inferior. Prema <ESC> para saír + do modo Inserir. + + 5. Utilice e para moverse ata a seguinte palabra incompleta e + repita os pasos 3 e 4. + +---> Esta li permit practi cómo enga texto a unha +---> Esta liña permitirálle practicar cómo engadir texto a unha liña. + +NOTA: a, i e A entran no modo Inserir; a única diferencia é + onde se colocan os carácteres inseridos. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.6.3: OUTRA VERSIÓN DE «REPLACE» (SUBSTITUÍR) + + + ** Prema un R MAIÚSCULO para substituír máis dun carácter. ** + + 1. Mova o cursor á primeira liña inferior sinalada con --->. + Mova o cursor ao inicio da primeira xxx . + + 2. Agora prema R e escriba o número que aparece na liña inferior. + Isto substituirá o texto xxx . + + 3. Prema <ESC> para abandoa-lo modo Substituír. + Observe que o resto da liña fica sen modificacions. + + 4. Repita os pasos para substituí-lo texto xxx que queda. + +---> Sumar 123 a xxx da un resultado de xxx. +---> Sumar 123 a 456 da un resultado de 579. + +NOTA: O modo Substituír é como o modo Inserir, pero cada carácter escrito + elimina un carácter xa existente. + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.6.4: COPIAR E PEGAR TEXTO + + + ** Utilice o operador e para copiar texto e p para pegalo. ** + + 1. Mova o cursor á liña inferior marcada con ---> e posicione o + cursor despois de "a)". + + 2. Inicie o modo Visual con v + e mova o cursor xusto antes de "primeiro". + + 3. Prema e para copiar («yank») o texto salientado. + + 4. Mova o cursor ao final da seguinte liña mediante: j$ + + 5. Prema p para pór (pegar) o texto. Despois escriba: o segundo <ESC>. + + 6. Utilice o modo visual para seleccionar " elemento.", e cópieo con y. + Mova o cursor ao final da seguinte liña con j$ e pegue o texto + xusto acabado de copiar con p . + +---> a) este é o primeiro elemento. + b) + +NOTA: Tamén pode utilizar e como un operador: yw copia unha palabra, + yy copia a liña completa onde está o cursor; despois p pegará + esa liña. + + +~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ + LECCIÓN 1.6.5: ACTIVAR («SET») UNHA OPCIÓN + + + ** Active unha opción para buscar ou substituír ignorando + se o texto está en MAIÚSCULAS ou minúsculas ** + + 1. Busque a cadea de texto 'ignorar' escribindo: /ignorar <INTRO> + Repita a busca varias veces pulsando n . + + 2. Active a opción 'ic' ("Ignore case" ou ignorar maiúsculas e minúsculas) + mediante: :set ic + + 3. Agora, busque de novo 'ignorar' pulsando n . + Observe que agora tamén se acha Ignorar e IGNORAR. + + 4. Active as opcions 'hlsearch' e 'incsearch' escribindo: :set hls is + + 5. Agora escriba de novo o comando de busca + e vexa qué acontece: /ignore <INTRO> + + 6. Para inhabilitar ou ignorar a distinción entre MAIÚSCULAS e minúsculas + escriba: :set noic + +NOTA: Para elimina-lo salientado das coincidencias escriba: :nohlsearch +NOTA: Se quere ignora-las MAIÚSCULAS e minúsculas, só para un comando + de busca, utilice -- -- You received this message from the "vim_dev" maillist. Do not top-post! Type your reply below the text you are replying to. For more information, visit http://www.vim.org/maillist.php --- You received this message because you are subscribed to the Google Groups "vim_dev" group. To unsubscribe from this group and stop receiving emails from it, send an email to vim_dev+unsubscr...@googlegroups.com. To view this discussion visit https://groups.google.com/d/msgid/vim_dev/E1uBGS7-005nFW-W5%40256bit.org.