Ola a todos!

En primeiro lugar gustaríame saudar a todos os membros desta lista de
correo e felicitalos polo seu gran traballo.
Son administrador de sistemas nunha escola técnica e dende fai 18 anos
usuario de Ubuntu (en galego). Dende o meu traballo e persoalmente tento
promover o software libre e o uso de tanto os seus sistemas operativos como
das súas ferramentas.
Dende hai unhas cantas versións vexo un erro de tradución en Ubuntu nas
preferencias de rede, onde se traduce a sección de conexións con cable como
"Sen fíos" cando debería ser o contrario  ("Con fíos"). "Sen fíos" deberían
ser as conexións WiFi. Vexo este erro a diario xa que teño que pelexar con
multitude de PCs con Ubuntu e derivadas.

Adxunto unha captura de pantalla co erro:
[image: Captura de pantalla de 2024-06-10 10-07-09.png]


Saudos a todos
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a