Boas, Non sei se alguén che contestou xa ou aínda non, pero velaquí o meu aporte:
"Shear" ou "shears" refírese literalmente á cizalla / cisalla [7] ou a instrumentos análogos. Tamén se emprega, igual que en galego ou castelán, para a "forza de cizallamento" [6] (usada en xeoloxía ou en resistencia dos materiais, entre outros): para ter unha idea clara, imaxina que tes dúas pezas de lego montadas unha por riba da outra e que mentres agarras a de embaixo con forza, empurras a superior por un dos seus laterais (de forma paralela ó plano de unión de ambas), chegando a deformalas ou incluso a separar unha da outra (probablemente rompendo parte dos elementos que serven de conexión) facendo que unha se desprace sobre da outra. En edición de imaxe e vídeo (que entendo que é o contexto no que supoño que nos movemos dado que Openshot é un programa para tarefas desa índole) normalmente úsase como sinónimo de "page / screen tearing", tal e como menciona a propia wikipedia [1], [2]. Sen embargo, tendo en conta que neste caso o aplicativo fala de "shear angle", se non me equivoco moito refírese a un desprazamento lateral (pero neste caso, progresivo, continuo) da imaxe, para darlle forma de romboide [5] no canto de rectangular: ____ / / / / ¨¨¨¨¨¨ Neste sentido, en matemáticas e física atopamos o termo "shear mapping" [3] que podemos traducir como "transvección" ou "transformación de cizallamento" [4] e que provoca exactamente un efecto deste tipo. De calquera xeito, o mellor que podes facer e probar a aplicar esa transformación a un vídeo para comprobar se estou no certo. Sobre que termo galego usar, en concreto, pois tampouco estou moi seguro. Aparte dos que xa mencionei, suxeriría "ángulo de desprazamento lateral en X" (ou, se cadra, "deformación" ou "inclinación"). Saúdos, Román Referencias: [1] https://en.wikipedia.org/wiki/Shear [2] https://en.wikipedia.org/wiki/Screen_tearing [3] https://en.wikipedia.org/wiki/Shear_mapping [4] https://pt.wikipedia.org/wiki/Transforma%C3%A7%C3%A3o_de_cisalhamento [5] https://gl.wikipedia.org/wiki/Romboide [6] https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=15356&opcion=entrada&entrada=cizallamento [7] http://academia.gal/dicionario/-/termo/cisalla 2017-08-27 22:14 GMT+02:00 Marcos Lans <marcoslansga...@gmail.com>: > > > Ola > Sabe alguén como se traduciría correctamente: > > Shear X > Shear Y > > Pertencen á tradución do Openshot. E na súa páxina explican que > > Shear X: Curve representing X shear angle in degrees (-45.0=left, > 45.0=right) > > Tx in advance. > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl