2014-10-24 20:57 GMT+02:00 Felipe Gil Castiñeira <felipe...@gmail.com>: > > On 23/10/14 14:07, Anton Meixome wrote: >> >> 2014-10-23 14:02 GMT+02:00 Marcos Lans <marcoslansga...@gmail.com>: >>> >>> O Council dos Loco Team a nivel internacional cambiou a política de >>> Locos para tentar subordinar os Locos a un Loco estatal. >>> >>> 1 estado > 1 Loco. >>> >>> Despois de desagradábeis rifas na lista de correos co Council, >>> finalmente veñen de recoñecer o Loco Galego com Loco independente igual >>> que xa fixeran con catalán. >>> >>> Saúdos >>> >> Alo oíra. Que disparate! >> >> Menos mal. Grazas por informarnos Marcos >> > > Boas! > > Por se tedes curiosidade como foi parte da discusión, aquí está a ligazón ao > fío da lista de "LoCo-contacts" > > https://lists.ubuntu.com/archives/loco-contacts/2014-October/006791.html > > Apertas, > Felipe > >
Hum, foi duro pero moi interesante. E bo final. P.S. Eu acabei por asociar o concepto de LoCo coa distinción entre de Comunidade Proxecto Trasno / A.C. Proxecto Trasno non vos parece? O Council non parece darse conta de que hai estruturas preexistentes en moitos sitios e moito máis veteranas que o propio Ubuntu para coordinar actividades e que poderían ser candidatos a ser recoñecidas como LoCos tamén, por exemplo os Guls para recibiren os cedeses deuvedeses. Non só hai estruturas por "etnias" como criticou Marcos, ou por idiomas que cruzan países senón por obxectivos que utilizan linguas francas ou son bilingües como en sudamérica - incluso internacionais - ou por seren xenéricas de software, cultura, inclusión social, etc. e non teñen Ubuntu como o centro do universo senón como unha das teclas que tocan. Por algo ningún outro proxecto de software pretende organizarse así. Non me podo imaxinar o hipotético LoCo de Novorrusia pedíndolle ao de Ucraína que lle tramite a excepción. O mundo é moi complexo e o gran error é tomar a como medida base os countries, tiñan que partir das comunidades que hai, que son as de software por un lado e as sociolingüísticas por outro. > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl -- Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination Galician community LibO & AOO -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl