Ola a todos. Estiven buscando a cadea e cando a atopei, vin que só se pode resolver unha das dúas suxestións.
Pódese cambiar o En por O, e haberá que cambialo porque acae mellor. Pero a data e a hora están representadas cunha soa variábel. Xa falei cunha persoa que coñezo no equipo de l10n e comentame que habería que crear un bug para solicitar que na cadea orixe dividan esa variábel en dúas, para que despois nos a podamos traducir como queremos. A ver como ando de tempo e se o propoño, ou con sorte o propón a propia persoa coa que falei. Saúdos e grazas polo aviso. 2014/1/17 Manuel X. Lemos <mxle...@openmailbox.org> > > > Agora que me lembro, un tema sobre Thunderbird. A cabeceira que insire > ao responder a unha mensaxe, por exemplo: > > "En 16/01/14 22:19, Manuel X. Lemos escribiu:" > > Penso que estaría mellor así non? > > "O 16/01/14 ás 22:19, Manuel X. Lemos escribiu:" > > Por certo, aviso aquí porque é a única lista onde estou. > > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl