Grazas por estas ordes de terminal. Moi útiles.
En 21/08/13 18:18, Miguel Bouzada escribiu: > ---------- Forwarded message ---------- > From: Miguel Bouzada <[email protected]> > Date: 2013/8/21 > Subject: Re: Alta tradutores Ubuntu galego > To: Jesús Olano <[email protected]> > > > O procedemento para integralo, que ven sendo o mesmo que para poder probar > que funciona axeitadamente. > (vou tentar ir pasiño a pasiño para seren o + didáctico que poida) > > 1.- o primeiro é descargar o .po (é o que recomendo, así poderemos > corrixilo) e xerar un .mo. Faise con calquera programa e tradución, senón, > nun terminal: > pocompile -i ‘/ruta/ficheiro/orixinal/o-que-sexa.po’ -o > ‘/ruta/onde/crealo/nomeaplicativo.mo’ > > 2.- o segundoé saber onde van aloxados os paquetes, aínda que o normal e > que sexa en: > /usr/share/locale/XX/LC_MESSAGES/nomeaplicativo.mo > ou en > /usr/local/share/locale/XX/LC_MESSAGES/nomeaplicativo.mo > > algúns van noutros sitios, así que para asegurarnos buscamos: > sudo find /user -name *nomeaplicativo*mo > os comodíns * non adoitan seren necesarios, eu teño o costume de facelo > > se non atopa nada buscade o seguinte: > sudo find /user -name *nomeaplicativo*qm > de ser este o caso comentádeo e xa vos conto como podedes facer. > > 3.- sabendo en que ruta vai noutros idiomas, só teremos que cambiar o > idioma por «gl» > procedemos, supoñamos que vai en /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES > > sudo cp /ruta/onde/o/creamos/nomeaplicativo.mo > /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/nomeaplicativo.mo > > 4.- nalgúns casos, especialmente cos aplicativos Qt van nun mesmo cartafol > e teñen un nome do tipo: nomeaplicativo_gl-qm, máis iso queda para outro > discurso :-) > > > > 2013/8/21 Jesús Olano <[email protected]> > >> pois non debe estar integrado, eu o acabo de instalar dos repositorios >> "normais" e sáeme en inglés. a verdade é que non sei exactamente como se >> fai. >> >> outro que instalei é o darktable, aínda que sae tamén como traducido, a >> min sáeme tamén en inglés http://www.darktable.org/features/ >> >> >> 2013/8/21 Miguel Bouzada <[email protected]> >> >>> Si está traducido >>> https://translations.launchpad.net/shutter/trunk/+lang/gl >>> outra cousa é que non estea integrado nos paquetes >>> se queres integralo no teu sistema para probalo e non sabes como facelo, >>> avisa >>> >>> >>> 2013/8/21 Jesús Olano <[email protected]> >>> >>>> boas outra vez, acabo de instalar un programiña para facer capturas de >>>> pantalla que aínda non está traducido, chámase o Shutter >>>> http://shutter-project.org/, poderíame facer cargo da traducción? Un >>>> saúdo >>>> >>>> Jesús >>>> >>>> >>>> 2013/8/8 Miguel Bouzada <[email protected]> >>>> >>>>> Benvido ao Grupo de tradución ao galego, por estes lares tes a xente de >>>>> diversa índole e moitos de nos podémosche axudar a iniciarte na >>>>> localización ao galego de Ubuntu. >>>>> >>>>> Recibimos unha solicitude de admisión do usuario «Dio82 (ourensan)», >>>>> entendo que es ti, nese sentido no UGT (Ubuntu Galician Translators) antes >>>>> de admitir a un membro máis, pedímoslle que realice unhas cantas >>>>> traducións >>>>> para ver o nivel de galego (ortográfica, gramática e estilo) que ten. E no >>>>> caso de cometer erros titorízase para que corrixa ditos erros e siga os >>>>> consensos que temos estabelecidos. >>>>> >>>>> Logo de este «harmonioso» parágrafo recoméndoche que comeces por ler o >>>>> noso wiki: https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators onde >>>>> poderás atopar información moi valiosa para os principiantes. Mentres nós >>>>> procurámosche un aplicativo co que poidas comezar a traducir. Aló tamén >>>>> tes ligazóns a recursos ortográficos e estilísticos do idioma galego que é >>>>> interesante que leas. >>>>> >>>>> Non esquezas apuntarte na lista do grupo. >>>>> >>>>> É moi importante tamén que te integres no Proxecto Trasno (trasno.net), >>>>> xa que aí é onde se «coce» case todo e onde disporás de máis e mellor >>>>> información, especialmente no referente aos acordos terminolóxicos, >>>>> estilo, >>>>> etc. >>>>> >>>>> Precisamos que nos digas o ámbito no que tes máis competencias, isto é, >>>>> se traballas no mundo da medicina, ou do ensino, nós procurarémosche un >>>>> aplicativo relacionado con dito ámbito (se existe claro). Isto facilitará >>>>> que te inicies moito máis rápido. >>>>> >>>>> Unha vez teñamos claro (os admin do grupo) que segues os acordo e que >>>>> tes un nivel aceptable de galego e de coñecementos da terminoloxía, >>>>> promoverémoste ao nivel de «tradutor» >>>>> >>>>> Ánimo e a facer suxestións. >>>>> -- >>>>> Membro de «The Document Foundation Projects» >>>>> http://www.documentfoundation.org/foundation/members >>>>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» >>>>> http://galpon.org >>>>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net >>>>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org >>>>> >>>> >>>> >>> >>> >>> -- >>> Membro de «The Document Foundation Projects» >>> http://www.documentfoundation.org/foundation/members >>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» >>> http://galpon.org >>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net >>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org >>> >> >> > > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
