Ola, comunícovos que o Proxecto Trasno vai celebrar os días 18 e 26 de maio a Trasnada 12.0.
O venres 18 de maio farase unha presentación de que é o software libre, que é a localización de software libre, e tamén que é o Proxecto Trasno, cal é a súa historia e como se pode colaborar con el. O sábado 26 de maio organizaranse de forma paralela unha sesión de terminoloxía, e un obradoiro de localización ao que poden asistir todas aquelas persoas que queiran aprender máis sobre como traducir software libre (ou sobre como empregalo para traducir) e ao que por suposto todos vós estades convidados e convidadas. Dispoñedes de máis información en http://trasno.net/trasnada120 Pregamos que lle deades a máxima difusión posible. Moitas grazas. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
