2010/6/23 Fran Diéguez <[email protected]>: > Ola rapaces, > > topei un erro grave sobre todo para usuarios avanzados. > > Cando queres instalar un paquete deb desde un repositorio que no é > fiábel por mor de non ter a chave gpg correspondente instalada salta > unha mensaxe tal que: > > "Os paquetes non fiables poden comprometer a seguridade do seu sistema. > Só debería continuar coa instalación se está seguro de que é o que quere > facer. > > blablabbla > > Quere ignorar este aviso e continuar igualmente? > para continuar, introduza «Si»; para interromper, introduza «Non»: " > > O problema é que o «Si» e o «Non» se os escribes así non funcionan e > terías que escribir yes ou no segundo sexa. > > Non sei quen traduciu isto pero que o teña en conta. > Saúdos > > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >
Ola, Se é posible traduci-las posibles respostas, conviña, como ocorre con outros aplicativos de consola, que se admitan ambas respostas, en Galego e máis en Inglés: «Si» e «Yes» e «S» e «Y» para dicir que si, «Non» e «No» e «N» para dicir que non (en realidade, as respostas curtas, dunha soa letra, poden ser consideradas inválidas, coma sucede en emacs cando queres saír sen gardar, dependendo da utilidade). Digo isto porque é de moita utilidade cando tratas de lanzar un guión de liña de ordes e emprega-la utilidade "/bin/yes", por exemplo, para facer algo de forma desatendida, sen ter que preocuparte de que programas están traducidos e cales non. Se non lembro mal, /bin/rm, ou aptitude, apt-get e demais familia, por citar dous casos, aceptan ambas respostas... pero falo de memoria, así que igual me equivoco de programas. Saúdos, Román -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
