Ola,
teño instalada a última Ubuntu e tamén o Inkscape e indo aos créditos
vexo que varias persoas traduciron o Inkscape en Launchpad. Despois de
certo tempo sen traducilo decidín actualizar a tradución, e quería
coller as traducións de Launchpad para ver se serven para algo, pero
non son quen de atopar o ficheiro de tradución de Inkscape en
Launchpad. O máximo que conseguín foi isto
https://translations.launchpad.net/inkscape onde di que non se traduce
usando o Launchpad, o que se contradí un pouco cos créditos que podo
ver no Inkscape que teño instalado. Alguén me podería axudar?

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a