2010/5/13 Fran Diéguez <[email protected]>: > Visto o visto, xa onte comecei unha re-re-re-revisión de GNOME esta vez > (e grazas ás melloras no Gtranslator 1.9.11) tendo en conta traducións > en outros idiomas e revisando liña a liña. > > Dinme de conta que isto vai levar máis tempo do que pensaba xa que nos > ficheiros que levo (4 aplicativos) con unhas 500 liñas tiven que cambiar > unhas cantas en concreto: > > Mércores, Maio 12, 10:31 AM > Core - pessulus: 8 launchpad, corrección completa (12 cambios) > Core - sabayon: corrección total (86 correccións) > Core - devhelp: corrección total (24 correcións) > Core - gdl: corrección total (42 correccións) > Core - at-spi: corrección total (2 correcións) > > Eu agora estou levando un seguimento de todo o traballo que estou > facendo, digamos como se ao final fora cobrar e tivera que render > contas. Así podo contabilizar o traballo feito e levar un historial da > tradución no tempo. > > Como vedes arriba hai mooooitos cambios, e debido a que os días só teñen > 24 horas precisaría de alguén que me puidera botar unha man en GNOME iso > si que fixera as mesmas anotacións que fago arriba e mas remitira. As > correccións de arriba non son por erro directamente senón tamén > refraseado por ver que no francés ou español tiñan solucións a > traducións máis elegantes. > > Alguén se anima? Pensade que Ubuntu se ve beneficiado directamente... > > Por outra banda insisto que todas as ligazóns que se poñen para que > solucionen bugs en GNOME deberían estar nunha páxina web centralizada > (WIKI?) porque na rolda pode ser que se escape algunha ao facer > revisión, e sobre todo porque como estou revisando non vou solucionando > segundo enviades á rolda.
Isto do erros penso que precisa unha ferramenta máis avanzada que unha wiki. A ver se integran algo como isto no Launchpad, no Pootle, no Tran sifex... -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
