Boas. Revisando o manual de Ubuntu vin que aparecía computadora e xa me daba que estaba mal. Botei un vistazo rápido en Launchpad e vin que tamén había unhas cantas traducións con termo en feminino.
Xa as modifiquei. Estaban nos seguintes paquetes. Espero que a ninguén lle pareza mal. Ubuntu, Lucid (10.04), “jockey” source package, Template “jockey” Había dúas. Ubuntu, Lucid (10.04), "update-manager” source package, Template “update-manager” Había unha. Ubuntu, Lucid (10.04), “system-config-printer” source package, Template “system-config-printer” Había unha e na mesma cadea modifiquei dispoñible por dispoñíbel. Ubuntu, Lucid (10.04), “update-notifier” source package, Template “update-notifier” Había unha. Non me gusta nada modificar sobre as traducións da xente. Fíxeno excepcionalmente e neses paquetes podedes comprobar que acabo de modificalo agora mesmo. Xa o dixen en Trasno e creo que deberíamos crea un código de conduta para saber como actuar nestes casos. Volvo a pedir desculpas por modificar nas cadeas dos compañeiros. E espero que esteades de acordo cos cambios que fixen. Un saúdo. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
