Ola a todos, como coordinador do GNOME quero comentar un par de cousas sobre as traducións de aplicativos de GNOME en Launchpad.
Estou facendo unha análise preliminar para ver as cadeas dos distintos aplicativos de GNOME que foron corrixidos e/ou modificados en Ubuntu para posteriormente integralos (se corresponde, e son correctos) no GNOME. Con isto non só Ubuntu se beneficiará das posíbeis correccións senón tamén as demais distribucións (aínda que non as empreguemos). Lamentablemente vexo que poucos aplicativos se salvan de correccións menores polo que o traballo vai ser intensivo. Agradecería (por non dicir que pregaría/obrigaría) que cada vez que se atope un erro en GNOME ou queira facer unha modificación que se faga como até o de agora en Launchpad pero ademais sexa notificado polas canles indicadas en http://l10n.gnome.org/teams/gl ou mesmo enviándome un correo a min seguindo un esquema sinxelo como por exemplo: * "descrición do erro" Enderezo ao erro en Launchpad Por exemplo: * cambiar "non se soporta" a "compatíbel" https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/lucid/+source/gnome-vfs/+pots/gnome-vfs-2.0/gl/+translate?batch=10&show=all&search=Unsupported+operation Nesta rolda teño manifestado en múltiples ocasións que a corrección ou melloras feitas nos distintos aplicativos, sexan do proxecto que sexan, é imprescindíbel que sexan levadas aos lugares orixinais. Así como a distribución (Ubuntu) se aproveita dos esforzos nos distintos proxectos temos que tentar devolver o noso esforzo como contraprestación. Desculpade a rectitude na mensaxe (para nada usual en min), máis é un asunto moi importante polo menos para min. Saúdos -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
