2010/5/3 Leandro Regueiro <[email protected]>: >>>> "até"(múltiples veces) >>> Eu son dos que lle gusta máis até, aínda que supoño que é cousa de estilo. >> >> Eu tamén son de até. > > Eu non é por ser dunha ou de outra. Esta era unha dúbida que anotei > para que me quede claro a min. >
Miña avoíña sempre dicía "ata": eu son de kas limón ;-). De todas formas, coido que o termo recomendado pola última (que non derradeira ¬_¬;) normativa é "até". Que alguén máis versado nestas lides me corrixa se estou equivocado (pregunta capciosa e fora de tema: ¿nos vos parece excesivamente lusista a devandita normativa, con termos coma este, as terminacións en "-bel", etc? e ollo, non digo que en Galego non haxa zonas nas que o uso sexa ese, pero penso que, para a boa saúde da lingua, é máis importante ter unha normativa estable que unha moi parecida ó Portugués, se ben podo entender os argumentos a favor disto último). >>>> "letra grosa"?? >>> >>> Que ben soa iso!, para min moito mellor que negra. Por desgraza penso >>> que isto aínda está sen acordo. >> >> Coido que eu non traducín iso, non estou seguro, en calquera caso non >> sei como poñelo e no seu momento dubidei moito xa que non hai consenso >> nisto. >> >> Podémolo abrir? > > http://www.trasno.net/lurker/thread/20060821.163114.eb841f8e.en.html#20060821.163114.eb841f8e > http://www.trasno.net/lurker/thread/20070821.082723.362722be.en.html#20070821.082723.362722be > http://www.trasno.net/lurker/thread/20100304.113604.2225241d.en.html#20100304.113604.2225241d > http://www.trasno.net/lurker/thread/20100323.125424.8dac7066.en.html#20100323.125424.8dac7066 > > Se queres podémolo abrir outra vez :) > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > A min gústame; se a miña opinión conta algo apoio o termo "grosa". E digo isto porque non me quedou claro se a discusión está pechada, e se é así, cal foi a decisión final. Por outra banda, outra historia xa sería falar de termos coma "cursiva", a pesar de que saian no DOG (que queredes que vos diga, neste caso, de escollermos entre os sospeitosos habituais, prefiro "itálica", pero o termo que máis me agrada é "inclinada" -e si, é unha opinión controvertida, e, por suposto, admito discusións ;-). Román -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
