En 22/04/10 17:54, lucanuscervus escribiu: > Hola chamome Ivan e remaome de unir ao grupo de traduccions, se me > aclaro como :) > > Un saudo
Ola Iván! Benvido ao Grupo de localización ao Galego, por estes lares tes a xente de diversa índole e moitos de nos podémosche axudar a iniciarte na localización ao galego de Ubuntu. recibimos unha solicitude de admisión do usuario "laegnur", entendo que eres ti, nese sentido no UGT (Ubuntu Galician Translators) antes de admitir a un membro máis, pedímoslle que realice unhas cantas traducións para ver o nivel de galego (ortográfica, gramática e estilo) que ten. E no caso de cometer erros titorízase para que corrixa ditos erros e siga os consensos que temos estabelecidos. Logo de este "armonioso" parágrafo recoméndoche que comeces por ler a nosa wiki: https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators onde poderás encontrar información moi valiosa para os principiantes. Namentres nós procurámosche un aplicativo co que poidas comezar a traducir. Aló tamén tes ligazóns a recursos ortográficos e estilísticos do idioma galego que é interesante que leas. Precisamos que nos digas o ámbito no que tes máis competencias, isto é, se traballas no mundo da medicina nós procuráremosche un aplicativo relacionado con dito ámbito (se existe claro). Isto facilitará que te inicies moito máis rápido. Se tes calquera pregunta, esta rolda é a axeitada. Saúdos. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
