Boas: Aínda non acabo de entender porque un termo que ten tradución en galego como é o caso, desperta tanto rexeitamento. Canto máis se empregue o termo en inglés menos soará o termo galego. E máis motivos para empregar o termo en versión orixinal. A ignorancia non xustifica que lle chamemos firewall a devasa porque non nos soa ou non coñecemos o termo devasa. De feito penso que é unha moi bo práctica a de recuperar termos que caen en relativo desuso.
[OFF TOPIC] (como unha casa) Meu pai fixo hai non moito tempo ,un curso impartido por unha portuguesa sobre 'O portugués nos negocios'. Pois resulta que en dito curso, profesora, indicou que o almorzo se chamaba lunch. Meu pai preguntou se non sería almorzo e díxolle que iso era antigo e apenas se usaba na actualidade. Penso que esta é a mentalidade que fai que desaparezan/fusionen... as linguas (non vou a entrar en se é bo/malo/inevitable...). Desculpas pola paragrafada. ;-) En 2010/03/25 12:12, Leandro Regueiro escribiu: > 2010/3/25 Indalecio Freiría Santos<[email protected]>: >> Boas, >> Eu non sei se será máis correcto devasa ou cortalumes, o que si podo dicir é >> que estiben varios anos traballando nas cuadrillas anti-incendios, e pódovos >> asegurar que nin dios sabe o que é unha devasa. >> Cortalumes como tal está claro que non está aceptado, pero corta-lumes? A >> min o corrector ortográfico dámo por bo. > > Eu non sei se "cortalumes" está aceptado ou non. Só digo que non > atopei referencia ningunha a el. Que o confirmen outros se tal. Se non > está aceptado entón usemos "devasa". > > Respecto ao da metáfora, creo que a idea é evitar que os problemas, ou > paquetes non se espallen a partir dun determinado punto (firewall), > igual que unha devasa nun monte evita que o lume se espalle dun lado a > outro. Non sei se me explico... > > Ata logo, > Leandro Regueiro > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
