Pois comezamos a conta atrás... aínda que falten dous meses, así non teremos tanto traballo xunto.
Logo de instalar nunha VM a nova lucid e actualizala, mentres escribo isto atopo os seguintes problemiñas. Computer Janitor, totalmente sen traducir. Personal file sharing, totalmente sen traducir. supoño que na sincronización con gnome solucionarase, isto é o paquete gnome-user-share gbrainy, xa completei tanto o aplicativo como a documentación do mesmo, na seguinte sincronización de gnome está solucionado. Erros nas entradas do menú aplicativos: Pitivi video editor, aparece sen traducir, o aplicativo sí está traducido. Firefox web browser, máis do mesmo que o anterior... de todas formas segue aparecendo o de Colar. Isto é un punto serio coñezo xa a bastante xente que rexeita empregar o firefox por esa tradución o que me obriga a poñerllo en castelán.. unha mágoa. Irei actualizando e comprobando as livecds con Test Drive: https://edge.launchpad.net/testdrive Buriños -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
