Ola rapaces! Nestas semanas desde a miña última mensaxe non lle puiden dedicar moito tempo, polo que o único que fixen foi botarlle un ollo aos arquivos das listas de distribución. A verdade é que é moi interesante para alguén que empeza! O caso é que estes días de Nadal seguramente lle poderei dedicar algo máis de tempo e gustaríame comezar a traducir. Xa estiven navegando polo Launchpad para ver como se utiliza e non o vexo complicado. Por onde debería comezar? De momento non teño preferencias, así que admito propostas e peticións...
Grazas e boas festas a todos! Pablo. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
