Ola, No cadro de diálogo que sae cando prememos Lugares > Conectar co servidor... e seleccionamos a opción 'Compartido por windows', a expresión 'Share' tradúcese por 'Compartir'.
Se non entendo mal, este 'Share' non é un verbo en inglés senón un nome. En español ven traducíndose por 'Recurso compartido'. Non parece que teña moito sentido poñer 'Compartir', como está na tradución actual pois leva a engano. En realidade non imos compartir nada senón intentar conectarnos a un recurso que comparte o servidor. Non sería mellor traducilo por 'Recurso compartido' ou, se non colle por razóns de espazo, simplemente por 'Recurso'? Xa postos en plan 'repunante'. Se no menú a opción chámase 'Conectar co servidor...', o título do cadro de diálogo debería ser 'Conectar co servidor' en vez de 'Conectar ao servidor', ou viceversa, como pareza mellor. En calquera caso sería bo manter a consistencia. Finalmente, supoño que a opción 'Compartido por windows' debería escribirse 'Compartido por Windows'. Non sei se esta é a rolda adecuada para comentar estas cousas. Imaxino que isto ven da tradución de Gnome. -- Saúdos, Xosé Antonio Rubal. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
