2009/10/22 José Manuel Castroagudín Silva <[email protected]>
> Boas, xente, > > Onte instalei unha Ubuntu karmic nunha máquina virtual, e vin unha > serie de cousas que se cadra xa se falaron (son bastante evidentes), > pero que non sei se poderiamos arranxar. Son, sen ningún tipo de orde > aparente, as seguintes: > > - O menú de "Sistema" aparece sen iconas. Os outros dous téñenas, e > ata os submenús de "Sistema" tamén. Entendo que non será cousa da > tradución ao galego, pero nunca se sabe. Alguén sabe por que pasa > isto? > > - Update-manager. Peta tras a primeira actualización que fixen. > Aparentemente, parece que si que pode ter que ver coa tradución. [1] > Neste link tedes detalles (despois funcionou, pero non sei se será bo > deixalo pasar). Pasoulle a alguén máis? > [1]: https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/update-manager/+bug/458448 > > . OpenOffice.org... está en inglés. Non sei se me comentou Antón que > había que instalar algunha cousa a maiores para poñelo en gl. Se tal, > podiamos falar con alguén, para que inclúa eses paquetes a maiores > como dependencia para algún langpack, ou algunha ñapa así (seguramente > non se poida facer nada, ou ata pode que Antón nunca me comentara > nada, e o soñara ou imaxinara. Ás veces pásame, jejeje) > > - No menú de Aplicativos aparece, dentro de Internet "Cliente de > servidor de terminais"... Non sei se é bo que "Terminal Server" se > traduza. Entendo que é unha marca comercial, ou cando menos, o nome > dun programa/servizo/o que sexa, que igual se debería manter intacto. > Hai pouco que o revisei eu e quedou " Cliente de Terminal Server " > > - Non recordo se vin algo máis. > > Cachis, acabo de ver que Fran mandou un correo referente aos bugs. Se > cadra podiamos ter xa pulidas estas cousas. > > Entendo que xa non van facer outra "exportación de traducións" antes > da versión final, non? Ou si? estaría ben ter polo menos o incluído na > instalación básica ben afinado... > > Como sempre, dicídeme se estou mexando fora do testo, vale? > > Ta loguiño, > > -- > Saúde, > > Chaves - http://chav.es > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/ Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala [email protected] -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
