Corrixe algúns erros nas traduccións da interfaz: "Esqueci meu nome de usuário e senha!, " -> Esquecín o meu nome de usuario e contrasinal "Nome de Usuário:" -> Nome de usuario: "Senha:" -> Contrasinal:
2009/10/18 Suso Baleato <[email protected]> > > Boa tarde, > > Escrebo para avisar da posta en produción do servizo de xestión de proxectos > de galeguización[1]. Trátase dunha ferramenta que facilitará a labor das > personas responsabeis dos distintos proxectos de galeguización e que > permitirá mellorar a integración das distintas iniciativas vencelladas. O > enderezo para acceder a este servizo é o seguinte: > > https://proxectos.g11n.net/ > > Como se pode apreciar é preciso autenticarse para poder empregar este > servizo, o que implica dispoñer dunha conta que permita o acceso. Neste > sentido a mecánica é sinxela: outórgase automáticamente conta co rol de > "xestión de proxectos" ás personas responsabeis de iniciativas de > galeguización que, en ausencia de obxecións, o soliciten na rolda > comunitaria. Dende esa conta pode xestionarse o propio proxecto ademais > de visualizar o resto dos proxectos activos para mellorar a > interrelación. > > Os únicos proxectos activos neste momento son os que eu xestiono de > galeguización de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME, así como o > proxecto de adaptación para o galego do corrector lingüístico > LanguageTool xestionado por Susana Sotelo. > > Por suposto: novos proxectos son benvidos :) > > Saúdos, > > [1] Compre insistir, para tranquilidade das personas máis independentes, > na idea de que non é preciso darse de alta neste servizo para > participar nos proxectos de galeguización, nin siquera naqueles > que estén xestionados mediante este servizo. Trátase únicamente dunha > ferramenta para facilitar as tarefas de _xestión_ dos proxectos de > galeguización. Explícitamente nada ten que ver este sistema nin > interfire coas tarefas de tradución, revisión lingüística, escolla > terminolóxica, remisión de traducións aos repositorios e similares, > que continuarían funcionando exactamente igual que até o > presentebapache2-mod-wsgi. > > -- > http://susinho.pagina.de/ > -- > http://susinho.pagina.de/ > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl -- marcos garcía // marquitox (.net) -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
