-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- Hash: SHA1 > - 09/10/09 15:48: Correo de Suso: > "Habería que ir mirando qué posibilidades temos; teríades problema en buscar > un momento a semana próxima en santiago para xuntarnos físicamente?" > > -11/10/09 03:14: Correo de Suso: > "Acabo de combinar con Minhoca para quedar este luns 12 en torno ás 20:00 en > Cangas e como non é un sitio precisamente céntrico, falamos de convocar outra > máis para o mércores 14 a esa mesma hora pero xa en Compostela, sitio por > definir (admítense suxerencias)." > > -13/10/09 04:50: Correo de Suso: > "Dou conta da xuntanza de hoxe, longa como se pode ver polas horas, mais > fructífera como se verá, na que estivemos Minhoca e máis Medulio pola > Ciberirmandade, Susana Sotelo e mais eu." > > 13/10/09 21:38: Correo de Suso: > "Acaba de avisar Susana de que temos dispoñibel a sá de videoconferencia > da Faculdade de Filoloxía da USC; a falta doutras alternativas, ahí > estaremos mañá mércores 14 ás 20:00 para continuar avanzando nas propostas > de Cangas; por suposto, reunión aberta a quen queira participar nela, tanto > presencialmente como facendo aportacións vía correo." > > > Aínda que agradezo sinceramente o ofrecemento das CIF, penso que este > xeito de facer as cousas, simplemente, non procede. Se se pretende dar > exemplo de transparencia, ánimo de cooperar e demais, creo que > convocar unha reunión *o día antes*, e ademais *xa fixada a data e > lugar*, non é a mellor idea. Incluso unha semana de prazo me parecería > demasiado curto.
Concordo totalmente con Jose Manuel, ata que peche Mancomun temos algo máis de 2 meses. Tempo dabondo para facer backup do que se queira. Quero engadir que eu comecei tamén como tradutor independente e cada día que pasaba me vin máis afín ao proxecto Trasno. En ningún momento me pareceu un lugar pechado. De feito me chocou bastante que a un rapaz recén chegado se lle fixera caso en algunhas das cuestións plantexadas. Iso fala moi a favor do proxecto. Ademáis que era o único grupo apolítico, independente da administración, centrado na LOCALIZACIÓN ao galego e DEFENSOR do SwL como filosofía interna, dando exemplo deste último punto na localización en exclusividade deste tipo de software. Saúdos - -- Fran Diéguez http://www.mabishu.com - [email protected] GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 -----BEGIN PGP SIGNATURE----- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org iEYEARECAAYFAkrXP3cACgkQmLtmJqKk+bg9vgCbB3twGVbjNoLBcysPupecJ2uA MfYAnieQYOuz8Vo6asCisTSJEg32xfFD =+AL9 -----END PGP SIGNATURE----- -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
