Olá, Isso seria umha ferramenta de grande utilidade... Pode-se ver umha tentativa de algo semelhante em: http://translate.sourceforge.net/wiki/toolkit/podebug
um saúdo José Manuel Castroagudín Silva escreveu:
Hoxe un compañeiro comentoume algo que igual resulta en algo de utilidade. Coméntovos e decídesme que vos parece: El dicía que sería estupendo ter unha ferramenta sinxela que permitise, unha vez detectada unha mensaxe errónea en calquera parte da interface, saber facilmente en que ficheiro estaba para poder, por exemplo, ir a Launchpad e cambialo por algo ao xeito. Ben, calquera con idea de usar a liña de ordes e de en que directorios hai que mirar non tería maior problema para solucionar este asunto. Pero ninguén naceu aprendido. Así que pensei en facer algo con Zenity (por exemplo, e por facilidade. Pouco mirei, pero parecía fácil de todo) e grep, un programiña que faga un msgunfmt de todos os .mo, o garde en ~/.<programa>/*.po e lle presente ao usuario un cadro de texto para introducir a cadea errónea que atopou, e saque unha lista de nomes de ficheiro que habería que revisar (e incluso a liña ou así). Tamén se pode facer que mire nos .mo (sen msgunfmtear) e diga só o nome do ficheiro... non sei. Pensades que sería de utilidade? Igual para usar durante as betas e alfas de Ubuntu se podería poñer a disposición de quen queira empregalo... Ben, iso: antes de poñerme a facelo, védeslle utilidade?
-- TAGEN ATA LINGUA E COMUNICACIÓN S. COOP. GALEGA (Rúa de Ponferrada, 8 entreplanta B 15707. Santiago de Compostela), infórmao/a de que o seu enderezo de correo electrónico e o resto dos datos de carácter persoal que nos facilite serán obxecto de tratamento automatizado nos nosos ficheiros, co fin de xestionar a axenda de contactos da nosa empresa e para o envío de comunicacións comerciais e/ou persoais por vía electrónica. Vostede poderá, en calquera momento, exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación ou oposición nos termos establecidos na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (LOPD 15/1999), dirixindo un escrito ao enderezo antes nomeado. Tamén lle comunicamos que a información incluída neste correo electrónico é confidencial pois é para uso exclusivo da persoa destinataria arriba mencionada. Se vostede le esta mensaxe e non é a persoa destinataria, informámolo/a de que está totalmente prohibida calquera utilización, divulgación, distribución e/ou reprodución desta comunicación sen autorización expresa en virtude da lexislación vixente. Se recibiu esta mensaxe por erro, pregámoslle que nolo notifique inmediatamente por esta mesma vía e proceda á súa eliminación.
<<attachment: gonzalo.vcf>>
-- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
