Boas a todos, Son Chaves, ando na lista de Trasno dende hai un tempo (non moi activo, mais alí ando),
Escribo este correo porque quería ver de botar unha man a traducir esta Ubuntu (a ver se aínda da tempo). Fun a https://launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl e vin a seguinte lista: 1) Subscríbete á lista de correo ( https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl) e preséntate. Feito. Unha cousa menos, jeje... 2) É necesario que mostres as túas habilidades como tradutor/a... Pooois... non sei que dicir. no seu momento traducira icewm. Máis adiante, traducín o trac (teño que actualizalo un día destes, que hai tempo que non o miro), algunha cousa teño traducido en Launchpad, estou co Geany... Non son moi constante, pero algunha cousa teño feito. Ah, si, recentemente traducín en Launchpad Linux Mint (vin que non era moito, e púxenme con ela). 3) Solicita o paso a "membro activo"... sobre isto, pois xa me contaredes... 4) Sigue as indicacións contidas no "Wiki": https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators Pois si, tamén o lin. 5) ¡¡Colabora tamén no LoCo Team!! http://www.ubuntuengalego.org Ben, pois nada... que a ver se podo botar unha man. Tedes unha lista de prioridades? -- Saúde, Chaves - http://chav.es -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
