Pois, coma min, supoño que por asociación con "a calculadora" = a computadora. Ademais ata o 2003 polo menos a RAG tamén o poñía como feminino.
computadora s.f. Aparello electrónico cunha memoria de gran capacidade, que realiza con moita rapidez operacións de cálculo, clasificación, etc., para as cales está programado. Está aprendendo a traballar con computadoras. SIN. ordenador. CF. cerebro. En todo caso as fontes normativas están entre o masculino e o feminino. Hoxe en día, non o podo afirmar rotundamente, supoño que por harmonización co portugués (4º principio das Normas) estase impoñendo a consideración como masculino. Por que masculino, pois porque se fai como noutros moitos casos cos substantivos ingleses, adoptan o masculino ou o feminino segundo o xenérico que na lingua receptora mellor se acomoda Aparello para computación > o aparello > o computador As vacilacións no vocabulario son normais e duran o que unha gripe. Parecen graves e dan dores de cabeza pero axiña pasan e se esquecen. 2009/10/2 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>: >> Boas >> Eu tamén adoito empregar computadora. Non sei porque? > > Ídem > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
