Ola rapaces listo aqui os aplicativos e ou erros de tradución que fun atopando na miña Ubuntu Karmic.
paquete ibus/ibus-preferences: dende o menú Sistema->Preferencias-> Ibus preferences está todo o aplicativo sen traducir. Vexo en Launchpad que non se pode pero desconfío moito. Ao realizar unha instalación mediante a ferramenta gráfica de instalación de .debs, tarefa que precisa de inserir a contrasinal de administrador, o botón "Authenticate" está sen traducir. A ferramenta software-store todavía non se pode traducir: https://translations.launchpad.net/ubuntu/karmic/+source/software-store por favor confirmádemo para tirarlle das orellas a Ubunto. Debido ao cambio de vogablo en GNOME aplicación->aplicativo Ubuntu presenta unha inconsistencia ao nomear "Instalar/Desinstalar Aplicacións" no menú aplicativos. No mesmo aplicativo as categorías dos aplicativos aparecen sen traducir. O aplicativo Gnome-do está todo sen traducir. Gralla importante: Gedit mostra no menú "gedit" no canto de "Editor de texto Gedit" Vexo dúas grallas herdadas de Jaunty: A ferramenta system-config-printer segue mostrando no menú Sistema-> Imprimindo o texto Imprimindo (sería bon cambialo por impresión. A ferramenta gnome-display-properties segue mostrando "Mostrar" na entrada de menú Sistema->Propiedades->Mostrar, hai que cambialo por "Configuración de pantalla" por exemplo, ou mesmo "Pantallas" sen máis. Sería bon que nos repartáramos algo do traballo para que non chegue finais de outubro e nos vexamos cos pañales sucios. De seguro que enviarei máis ao longo de hoxe e destos días. Saúdos a t...@s -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
