Ola a todos, coido que é o meu primeiro envío a esta rolda máis penso que todos me coñecedes. Son tradutor de GNOME ao galego (en breve o único), alén de outros proxectos, polo que non son un recén chegado nin teño pouca experiencia na tradución de software ceibe.
En fin que estamos a piques de ver a nova versión kármica de Ubunto e vexo que non hai moito movimento de coordenación nesta rolda e moito menos traducido nos novos engadidos nesta versión. En concreto e máis salientábel son o "Software Store" e o "Ubiquity Slideshow". Este último resulta moi paradóxico que non fora traducido anteriormente porque é certamente a primeira porta que se atopa un usuario novo ao chegar ao "LiveCD" de Ubunto e tenta instalalo na sua equipa. Este slideshow xa o teño traducido completamente e o seguinte asalto sería o Software Store, para chegar á data da liberación de Karmic en boas condicións. Espero nos vindeiros días ter algún comentario e suxestión de aplicativos por traducir. En principio bastaría con informar de seccións sen traducir na Karmic. Para os que teñan máis medo que empreguen unha máquina virtual (p.ex. VirtualBox) coa última live-cd de Ubuntu Karmic alfa-6 http://cdimage.ubuntu.com/releases/karmic/alpha-6/ . Pouco histórico desta rolda vin así que non podo xulgar, pero coido que se perde moito tempo falando de temas sen importancia (ex. os comentarios relacionados coa presentación de* Golfinho-Gz*) . Aquí o importante é traducir o máis e mellor posíbel a contorna de Ubunto ao galego. Por favor non tomedes este comentario coma un ataque a todos vós, só como unha crítica construtiva. Saúdos a t...@s -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
